A eSmorGa SG nace como unha oportunidade de afterwork diferente, na que poder coñecer a persoas con distintos perfís do ecosistema de emprendemento innovador galego. A misión destes encontros é fomentar o networking entre os membros do ecosistema para dinamizalo e cohesionalo. A idea é quedar nunha cidade galega distinta para cada edición.
Nesta VI edición decidimos xuntarnos o venres 11 de abril ás 18:30h no Mercado La Galiciana, en Santiago de Compostela, para tomar unhas cañas, ou o refrixerio que mais vos guste.
O custo será de 5 € por entrada, a fin de evitar ausencias de última hora e así xuntar ao maior número de xente posible (aparte invitamos a primeira consumición!)
Apetéceche tomar algo? Xa estamos uns cantos apuntados querendo coñecer xente ;)
Vente de eSmorGa con Startup Galicia!