Startups polo miúdo: TasteLab, da sensación a datos que melloran os alimentos

7 de marzo de 2025

A sección de "Startups polo miúdo" pretende ser ese pequena porta de entrada a coñecer proxectos galegos con tecnoloxía de fondo. Facémolo con moito mimo, poñendo foco no máis importante deste ecosistema: as persoas e os seus proxectos.

No día de hoxe estamos a falar con Maruxa Quiroga de Tastelab, unha empresa que, en esencia, transforma a percepción sensorial en datos de cara a mellorar os produtos alimentarios.


1.     E logo... que? [Describe cunha frase a túa startup]

[TasteLab]: TasteLab comercializa o software líder no mercado, SENSESBIT, unha tecnología que transforma a percepción sensorial humana en datos obxectivos tanxibles para que a industria alimentaria tome decisións baseadas nos consumidores finais.

Por exemplo para mellorar ou optimizar o sabor, a textura, incluso a propia experiencia de uso do producto, etc.


2.     E vos de quen vides sendo? [Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados..]

[TasteLab]:  TasteLab nace en 2015 como spin-off da Universidade de Santiago de Compostela, resultado da miña tese de doutoramento tras estudar inxenería agrícola.

Sendo o noso ADN científico, fomos capaces de transformar ese coñecemento, en coñecemento de negocio aplicable, xerando insights estratéxicos e accionables para a toma de decisións empresariais.


3. Outra vaca no millo. [Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?]

[TasteLab]: Mais do 80% dos productos que se lanza ao mercado fracasan. Estábamos de verdade preguntando ao consumidor si quere ou non quere ese producto?

Queríamos darlles ás empresas unha ferramenta, o software SENSESBIT, que lles permitara poñer ao consumidor no centro, para medir e analizar o impacto sensorial dos seus productos no consumidor e tomar decisión informadas nos departamentos de marketing, I+D e calidade.



4.     Malo será que non academos... [Próximos pasos. Que obxectivos tedes?]

[TasteLab]: Somos ambiciosos como sempre fomos. Os nosos próximos pasos inclúen seguir coa expansión de SENSESBIT no mercado internacional, agora mesmo estamos en 9 mercados principalmente mercado LATAM, queremos afianzarnos neles e expandir a outos.


5.     Cantos cartos tedes no banco? [Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :) ]

[TasteLab]: Estamos inmersos en pleno proceso de captación de investimento para levar a tecnoloxía a un novo nivel, escalar o negocio e ser o software número un no mercado internacional.


6.   Na miña terra, faise así. [Cáles son os vosos valores? Traballo remoto ou presencial? Como coidades do talento?]

[TasteLab]: Os nosos valores baséanse na innovación, o rigor científico e a aplicación práctica da tecnoloxía.

O noso modelo de traballo é híbrido, combinando presencialidade con traballo remoto, facilidades horaria e conciliación. Apostamos sempre pola formación continua e captamos talento especializado.


7.   Son máis listos ca un allo... [Un emprendedor de referencia ao que admires. Por que? Unha startup galega que recomendedes. Por que?]

[TasteLab]: Un emprendedor de referencia que admiro é Sergio Martínez, CEO de Innolact. Procedente do ámbito do I+D, soubo transformar o valor dun produto en negocio, creando unha empresa innovadora e competitiva no sector alimentario. O seu enfoque na posta en valor da diferenciación e a calidade é un exemplo claro de como a innovación pode xerar impacto real no mercado.

Unha startup que recomendo é Neboda, unha empresa de granxa vertical única no mercado internacional. Destácase non só polo seu labor moi diferenciado, senón tamén pola súa capacidade para optimizar recursos, facendo máis eficiente, sabrosa e sostible a produción de alimentos. Neboda representa o equilibrio perfecto entre sabor, innovación, sustentabilidade.


8.    A camiño longo pasos pequenos. [Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?]

[TasteLab]: O ecosistema galego necesita máis conexión entre startups e industria, así como acceso a financiamento especializado en deep tech. Tamén sería clave unha maior aposta por hubs de innovación que faciliten a transferencia tecnolóxica e aceleren a saída ao mercado de proxectos con potencial.


Moitas grazas, Maruxa, por ternos falado do seu marabilloso proxecto empresarial.

Seguiremos compartindo máis historias reais de proxectos nados en Galicia nesta sección. E ti, queres aparecer neste espazo de ''Startups polo o Miúdo''? Contacta connosco en info@startup.gal

Startup Galicia

A túa comunidade en Galicia

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal