Startups polo miúdo: theCosmethics, cosmética honesta dende Galicia
6 de abril de 2025

Con "Startups polo miúdo" tratamos de dar coñecer proxectos e startups galegas nas que a tecnoloxía teña unha presenza fundamental. Falamos de negocio pero centrámonos nas persoas, nas súas circustancias e no que ten que ver co contexto emprendedor galego.
Nesta ocasión podemos falar ca fundadora de theCosmethics, Sofía Rodríguez. O primeiro que tes que saber é que levan unha boa traxectoria comercializando cosmética dende Galicia pero imos ca sua entrevista.
1. E logo... que? [Describe cunha frase a túa startup]
[theCosmethics]: Eu creo que xa non somos startup despois de máis de 10 anos, aínda que sigamos tendo os mesmos retos!
Natural Smart Beauty SL é thecosmethics.com: unha tenda on-line de cosmétical natural seleccionada e tamén weareluisa.com: unha marca de cosmética natural chamada Luisa, elaborada a partir do desenrolo dun extracto propio de herba luisa e pensada para simplificar as rutinas cosméticas sen sacrificar efectividade.
2. E vos de quen vides sendo? [Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados..]
[theCosmethics]: Comecei eu: Sofía Rodríguez Román, en Allariz. Estaba alí por circunstancias persoais, e por iso comecei dende alí. Fíxeno por experimentar cun hobbie, tiña 25 anos e outro traballo. Ó cabo dun ano deixei o meu traballo por conta allea, e ó pouco incoporouse Ana Vispo, Ana incorporouse como trablladora e tamén como unha parte do capital, foi a miña primeira inversora.
En 2020 firmamos unha ampliación de capital con Diego Mariño, David Bonilla e Fernando Dal Re, que tamén se incorporaron ó capital, para desenrolar a marca propia, Luisa, que lanzamos en 2022. Hoxe en día Ana Vispo segue formando parte do capital social pero xa non traballa en Natural e seguimos eu e Sofía Villapol (tamén Sofía, sí), a outra pata fundamental.
3. Outra vaca no millo. [Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?]
[theCosmethics]: Queríamos vender cosmética de xeito diferente, tratando de educar ó consumidor para que merque o que mellor se adapta a súa pel, non unha marca ou unha campaña de márketing.
E queríamos venderlle só o que creemos que precisa, por iso decimos que o noso ingrediente favorito é a honestidade. Tamén queríamos introducir marcas diferentes, alternativas tan estupendas como descoñecidas.
4. Malo será que non academos... [Próximos pasos. Que obxectivos tedes?]
[theCosmethics]: Queremos centrarnos en Luisa. Estamos centradas no desenrolo de novos productos e a posta en comercialización nos próximos meses. O noso primeiro produto no mercado, o Enzyme Double Cleanser foi un éxito de ventas e queremos darlle continuade con outras ideas tamén moi especiais que temos en mente. No futuro, gustaríanos ampliar os puntos de venta.
5. Cantos cartos tedes no banco? [Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :) ]
[theCosmethics]: 0€ non temos nada, fundimos por completo toda a ampliación de capital no desenrolo de Luisa, sobrevivimos con préstamos, contas de crédito, restricción de custes e moita creatividade e traballo.
6. Na miña terra, faise así. [Cáles son os vosos valores? Traballo remoto ou presencial? Como coidades do talento?]
[theCosmethics]: Honestidade, traballo, constancia e control. Traballamos 100% remoto.
7. Son máis listos ca un allo... [Un emprendedor de referencia ao que admires. Por que? Unha startup galega que recomendedes. Por que?]
[theCosmethics]: Admiro moitísimo a David Pombar. Por toda a traxectoria de emprendemento reincidente, porque é máis listo que un allo, pero sobre todo, por todo o que apoia á comunidade, e os bos consellos que da.
Recomendo https://petalo.xyz/ creada por os meus inversores Diego Mariño e David Bonilla, referentes totais para min. Porque emprender está ben, pero vender tamén. Si te queren mercar, Petalo xyz é a donde eu iría para vender con tranquilidade e confianza.
8. A camiño longo pasos pequenos. [Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?]
[theCosmethics]: Un coworking común, en condicións (con sala de reunións...) para poder ir de vez en cando. ¿Non llo podemos pedir á Xunta? Pero que non nos leven ó Gaiás por favor, que hai que dispor de coche. Cerca dunha estación de tren, a poder ser. Os eventos están moi ben, pero termos un sitio ó que poder ir sería unha fantasía.
Moitas grazas a Sofía por ternos falado do seu marabilloso proxecto empresarial.
Seguiremos compartindo máis historias reais de proxectos nados en Galicia nesta sección. E ti, queres aparecer neste espazo de ''Startups polo o Miúdo''? Contacta connosco en info@startup.gal

Startup Galicia
A túa comunidade en Galicia