Que é Startup Galicia?
Somos unha comunidade de persoas do mundo do emprendemento tecnolóxico que está a impulsar e apoiar para que Galicia sexa un polo de innovación de talla mundial.
Durante máis de 10 anos conectamos o ecosistema emprendedor galego a través de diferentes canles para así conectar o noso talento, impulsar a creación e o crecemento das startups.
Visión de Startup Galicia
Crear en Galicia unha comunidade aberta e inclusiva liderada por emprendedores, forte, dinámica, conectada e colaborativa para impulsar o emprendemento en Galicia e apoiar aos emprendedores.
Misión de Startup Galicia
A misión de Startup Galicia é CONECTAR aos emprendedores do noso ecosistema entre si e con emprendedores de outros ecosistemas ou que queiran incorporarse ao noso, FORMAR novos emprendedores para que se incorporen ao ecosistema, o potencien e o fagan crecer, e INSPIRAR unha cultura en Galicia que promova e valore o emprendemento e multiplique o potencial laboral da nosa terra.