A eSmorGa SG é unha oportunidade de afterwork diferente, na que poder coñecer a persoas con distintos perfís do ecosistema de emprendemento innovador galego. A misión destes encontros é fomentar o networking entre os membros do ecosistema para dinamizalo e cohesionalo.
Nesta edición decidimos xuntarnos en Vigo o venres 20 de setembro ás 20:00h en A Birrería, para tomar unhas cañas, ou o refrixerio que mais vos guste. O custo será de 5 € por entrada, a fin de evitar ausencias de última hora e así xuntar ao maior número de xente posible (aparte invitamos a un par de consumicións!)
Vente de eSmorGa con Startup Galicia!