AMA con Cris Barreiro: como traballar para scaleups e big techs? Hai vida logo da consultoria?

Apúntate

En 2020, tras varios anos traballando en consultoría e startups, Cris Barreiro sentía que ese tipo de empresas non eran o seu lugar nese momento da súa carreira profesional e a súa vida. Despois de reflexionar sobre o seu futuro laboral, decidiu explorar un camiño diferente e prepararse para afrontar procesos de selección en empresas internacionais de produto. Pero... por onde comezar? É posible atopar esas oportunidades cando facer a maleta non é unha opción? Que é realmente unha system design interview?

A través da súa experiencia como candidata en scaleups e grandes tecnolóxicas, así como entrevistadora técnica e mentora no proceso de selección de Spotify, Cris compartirá as súas aprendizaxes sobre como son e como afrontar os procesos de selección nestas empresas.

Cris contaranos a súa experiencia laboral, cómo venceu o medo e probou en grandes tecnolóxicas, cómo son os procesos de selección en scale ups e big tech e como prepararse para eles.

Este evento non sería posible sen a colaboración de IGAPE e Bahía Software.

Detalles

Data:

September 12, 2024

Hora:

6:00 pm

-

7:30 pm

Comparte este artigo

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecosistema galego.