Webinars para loitar contra os efectos da COVID19
29 de octubre de 2023
Corren tempos complicados para as empresas do ecosistema emprendedor galego. A situación deriva do actual estado de alarma levou a moitas delas e ter que deter ou reducir drasticamente a súa actividade. Por esta razón, na primeira semana de confinamento, Startup Galicia fixo un chamamento a toda a comunidade co fin de recoller iniciativas de axuda ao ecosistema e axudar á súa difusión. As iniciativas recibidas están a ser recollidas na sección "Crise do Coronavirus e startups: precisas axuda ou queres axudar?" da nosa páxina web.
Nesta mesma liña, Startup Galicia está a organizar unha serie de encontros online. Estes encontros perseguen achegar axuda tamén a outras empresas de fóra do sistema startup que, porén, ven na dixitalización un xeito de paliar os efectos negativos do estado de alarma sobre a súa actividade. Para conseguilo, estes encontros abordarán o emprego de diversas tecnoloxías que poden servir de apoio á empresas de calquera sector de actividade que estean a pensar en achegarse ao mundo dixital.
A duración estimada dos encontros será de 30 minutos, a través da plataforma Google Meet cun tempo final para resolver todas as dúbidas que xurdan. A data e hora de cada encontro publicaranse nas redes sociais de Startup Galicia (twitter e LinkedIn)
Para este fin, Startup Galicia conta coa inestimable colaboración de Paz Cariñena (DooingIT), Víctor Fariña (Queres Tecnologías), Noa Orizales (Contidos Dixitais), Miguel Varela (Teimas Desenvolvemento) e Xoel Vázquez (Xoia software), profesionais do ecosistema emprendedor que explicarán ás persoas asistentes a estes encontros como incorporar a tecnoloxía aos seus negocios e as vantaxes de facelo, en base á súa experiencia profesional.
De seguido recóllese unha breve descrición dos temas a tratar por cada unha das persoas que intervirán nestes encontros. O primeiro en intervir será Miguel Varela, o vindeiro martes 28 de abril, de 18 a 19h. A inscrición (de balde) para os seguintes webinars abrirase en canto estea confirmada a data de celebración de cada un deles.
Miguel Varela: co-fundador e CEO de Teimas, tecnolóxica especializada en software na nube para o sector da economía circular, xestión de recursos e residuos e sustentabilidade. Cunha traxectoria de máis de 10 anos, Teimas é a responsable de produtos ampliamente utilizados no sector como Teixo, software empresarial para xestores e transportistas de residuos; Tropa Verde, plataforma que aplica técnicas de gaming para premiar á cidadanía recicladora; e ZERØ, ferramenta estratéxica para desenvolver políticas de economía circular e residuo cero en grandes corporacións.
Partindo da súa experiencia profesional como socio-fundador de Teimas, abordará as correntes globais en relación á xestión de recursos e Economía Circular, o Pacto Verde europeo ou os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU.
Presentación: Miguel Varela - Startup Galicia - Tecnoloxía, Cambio climático e Economía CircularDescarga
Beatriz Noya tivo o detalle de achegarnos máis información relacionada a través do seguinte documento das preguntas e respostas dos aplicantes a iniciativa público-privada BIBIJU.
FAQ Call Bio-based Industries Joint Undertaking - 2020Descarga
28 abril 18 a 19h. Inscricións pechadas
Noa Orizales: directora de Contidos Dixitais. Noa é emprendedora nun sector que, ata non fai moito, se atopaba moi afastado do mundo dixital: a formación. Porén, a situación actual está obrigando a este sector a unha rápida conversión cara a virtualización. Este cambio afectará tamén ás empresas que queiran formar ao seu persoal posto que terán que afrontar o reto de facelo de xeito online. Este cambio fai necesario que as empresas deban habituarse a empregar novas ferramentas de formación, tales como os campus virtuais. Para axudar neste proceso, Noa explicará o que se debe saber para lanzar a formación online na empresa, identificando as ferramentas dispoñibles, como implementalas, o seu custe e os erros a evitar.
6 de maio 18 a 19h. Inscricións pechadas
Paz Cariñena: socia cofundadora de dooingIT. Matemática de mente inqueda, con máis de 20 anos de traballo en contornas tecnolóxicas e de ciberseguridade con equipos e empresas de todos os tamaños. Formadora vocacional e co "mal constume" de apuntarse a un bombardeo.
Paz orientará ás empresas en como protexer a súa información á hora de conectarse ao mundo dixital. Nas súas propias palabras "a ciberseguridade non é unha moda nin é cuestión de grandes corporacións. Tampouco é unha cuestión que afecte unicamente ao departamento de tecnoloxía da empresa, senón que se trata dunha cuestión transversal que involucra a todo o persoal da empresa. Hoxe en día, onde o valor das empresas é a información, protexela convértese nunha necesidade primordial".
13 de maio 18 a 19h. Inscrición (de balde)
Víctor Fariña é matemático de formación e co-funcdado e CEO de Queres Tecnologías dende fai 8 anos.
Queres Tecnologías nace froito da paixón pola tecnoloxía e polo xeito de facer ben as cousas. o equipo de Queres tecnologías está especializado en sistemas de xestión documental. A súa actividade neste sector iniciouse fai máis de 15 anos, cando un dos seus principais clientes lles solicitou unha análise de solucións documentais. Posteriormente, centraron a súa actividade no sector saúde e, pouco a pouco, foron combinando a xestión documental e a súa experiencia no sector saúde. Así comezaron a xestionar as historias clínicas da poboación galega, canaria e parte da catalana (que non é pouco).
No seu webinar, Víctor falaranos sobre os sistemas de xestión documental. Explicaranos que son, para que se empregan y se, en realidade, precisamos ou non un. Estos son os puntos sobre os que centrará a súa intervención:
De verdade precisamos un ECM (Enterprise Content Management )?
Os 6 piares dun ECM.
Que opcións de ECM existen?
Unha ollada á interface de FaroCM.
Startup Galicia
A túa comunidade en Galicia