Crise do Coronavirus e startups: precisas axuda ou queres axudar?

Un dos tres piares básicos que fixeron nacer a Startup Galicia é axudar a configurar unha contorna favorable para o emprendemento en Galicia. Este obxectivo cobra especial importancia nestes días, nos que a situación actual está afectando a moitas das nosas empresas, iniciativas e proxectos.

Por esta razón, dende Startup Galicia facemos un chamamento á unidade e colaboración para, na medidas das nosas posibilidades, axudar a mitigar o impacto desta crise no noso ecosistema emprendedor. Para tal fin, habilitamos un formulario para recoller o interese daquelas startup dispostas a botar unha man aos compañeiros e compañeiras que están a ver afectada a súa actividade. Se ti tamén queres ofrecer a túa axuda ao ecosistema, podes acceder ao formulario nesta ligazón.

Se precisas transmitir as túas inquedanzas, dúbidas e problemas que estás atopando ca túa startup podes facelo no seguinte formulario que habilitamos para escoitarvos.

A comunidade bota unha man

Nesta sección damos visibilidade ás empresas/persoas que, respondendo ao formulario, mostraron a súa decisión de axudar a outras startup no actual contexto de crise que estamos a atravesar. Un GRAZAS enorme para todas elas.


Son Noa, directora de Contidos Dixitais. Proporcionamos solucións de e-learning para empresas e co fin de axudar ao ecosistema, podemos ofrecer importantes descontos para as empresas galegas que precisenhabilitar Campus virtuais para a realización de formacións online.

Creo que a creación de contidos online pode axudar a moitas empresas a prepararse para o momento en que remate o estado de alarma. Así que, aquí estou para o que poida achegar á comunidade neste eido

Contacto: noa@contidosdixitais.com


Son Bárbara, unha das “rabbits” de NoLegaltech. Somos unha consultora legal para empresas tecnolóxicas e, co fin de axudar ao ecosistema podemos ofrecer descontos, para que ninguén se agobie cos prazos. Facemos:

  • Mentoría para quen comece un novo negocio.
  • Asesoramento legal.
  • Revisión das condicións legais das web.

Tamén representamos a startups en negociacións con proveedores ou clientes e damos clases online de Dereito básico, dentro do proxecto OFARO.

Ademais disto, gustaríame tamén axudar a aquelas persoas que estén iniciando a súa aventura, sexa startup, traballo, idea ou proxecto.

Contacto: hola@nolegaltech.com


Son Alexandre Bastos, Socio Fundador e CEO de Ancora e Socio Fundador de CENTUM R&T.

Teño experiencia en convocatorias públicas de subvencións de I+D polo que podería aportar á comunidade axudando ás startup a entender:

  • De que xeito as subvencións de I+D poden encaixar coa súa actividade.
  • Como formar consorcios colaborativos para optar a ditas subvencións.

Contacto: @xandre_bastos (twitter)

Nota aclaratoria de Startup Galicia: Estamos preparando un encontro virtual con Xandre para que poida compartir coa comunidade a súa experiencia na solicitude de axudas á I+D e resolver dúbidas concretas das startup que participen neste encontro (anunciaremos a data e hora no noso twitter e Slack). Porén, dende aquí aclaramos que Xandre fai mil cousas, pero entre elas non se atopa a labor de consultoría para a preparación destas subvencións (para o que deberedes dirixirvos a consultoras que traballen neste eido). Fin da Nota


Son Roberto, un dos socios fundadores de Delta Studio. Deseñamos produtos dixitais, tanto para startups como para grandes empresas. Co fin de axudar ao ecosistema ofrecemos:

mentoría + deseño de interfaz/produto/UX/UI

para as persoas que esten a traballar en iniciativas para axudar a afrontar a crise sanitaria causada polo COVID-19.

Contacto: roberto@deltastudio.io


Son Victor Fariña, CEO de Queres Tecnologías, empresa tecnolóxica galega, especializada en sistemas de xestión documental (Alfresco) e en consultoría TIC no eido da saúde (eHealth). Co fin de axudar ao ecosistema ofrecemos:

unha instancia gratuíta durante 3 meses de Rocket.chat (alternativa open source a Slack ou Microsoft Temas) totalmente configurada e lista para usar.

Contacto: victor.farina@queres.es


Son Paz Cariñena, socia de DooingIT, empresa que ofrece servizos e desenvolve produtos relacionados coa ciberseguridade.
Con fin de axudar ao ecosistema, DooingIT ofrece descontos* nos seus servizos. Así, ofrece:

Análises externas de vulnerabilidades:

  • dos equipos persoais
  • das conexións

que as persoas traballadoras empregan para conectarse coa súa empresa, co fin de identificar posibles riscos de seguridade.

Contacto: paz.carinena@dooingit.com

*menos de 1€ por activo analizado.


Son Xoel Vázquez, CEO de Xoia Software. En Xoia deseñamos, desenvolvemos e mantemos solucións de realidade aumentada e virtual para Industria, Marketing e Retail, Turismo, cultura e patrimonio. Co fin de axudar ao ecosistema ofrecemos:

Asesoría gratuita para implantación de ferramentas de realidade aumentada e virtual.

Estas ferramentas poden ser aplicadas a: teletraballo, deseño e prototipado, soporte remoto, adestramento e venda a distancia

Contacto: xoel.vazquez@xoia.es


Son Alejandra Montenegro, CEO de FisioAdvisor, unha plataforma virtual de búsqueda de profesionais da Fisioterapia. Co fin de axudar ao ecosistema ofrecemos:

os servizos online de fisioterapeutas voluntarios/as que darán pautas de exercicios respiratorios ás persoas que se atopan nas súas casa recuperándose do Covid-19 despois dun período agudo.

Contacto: fisioadvisor@hotmail.com


Son Eva Miranda, socia de Catálogos para empresas. En Catálogos para empresas acompañamos ás empresas en todo o proceso de virtualización do seu catálogo de produtos/servizos, explicándolles cal é o proceso a seguir, como teñen que preparar a información, que deben destacar e como enfocar a comunicación de cara ao seu sector e tipo de produtos. Co fin de axudar ao ecosistema ofrecemos:

 información e consultoría totalmente gratuíta para as empresas que estean pensando en dixitalizar o seu catálogo de produtos.

Contacto: info@catalogosparaempresas.com (Eva Miranda)


Son Luis Sestelo, CEO do grupo Optare,
consultora que traballa exclusivamente para operadores de telecomunicacións en todo o mundo. Co fin de axudar ao ecosistema ofrezo:

exercer como mentor de proxectos.

Contacto: lsestelo@optaresolutions.com


Son Rubén Vilar, co-fundador e CTO deIndomit.io. Somos unha startup que
desenvolve campañas de publicidade online con micro-influencers , principalmente para produtos de comercio electrónico. Co fin de axudar ao ecosistema ofrecemos:

colaboracións a prezo reducido para as persoas que queiran lanzar accións de marketing con micro-influencers en redes sociais ( agora ou despois do confinamento).

Contacto: ruben@indomit.io


Son Carlos Sarmiento Anguiano, CEO de Up In Galicia, consultora financeira e de negocio especializada en startups. Co fin de axudar ao ecosistema ofrezo:

Mentoring de forma gratuíta ademais de descontos nas tarifas dos servizos de:

  • Proxeccións financeiras.
  • Revisión anual e incorporación de estados financeiros de peche.

Contacto: csa@upingalicia.com (tamén dispoñible a través de Skype)


Son Pablo Vázquez, CIO en Costart. Desenvolvemos unha plataforma de xestión de custes para empresas da construcción e realizamos tamén labor de consultoría no eido da enxeñaría da construcción. Co fin de axudar ao ecosistema ofrezo:

  • Mentoría e implementación de teletraballo.
  • Axuda na aprendizaxe de metodoloxías áxiles.
  • Calquera outra achega respecto ás TICS.

Contacto: pvazquez@costart.es


Son Pablo Escariz, socio fundador de E&O Corporate Finance, unha startup con ADN galego centrada na consultoría legal e financeira. Os tres campos principais da nosa asesoría son: a procura e obtención de financiamento para as empresas en procesos de crecemento, a xestión de produtos financeiros e a estruturación de operacións de crecemento e expansión (creación de filiales, compraventa de empresas e unidades de negocio, etc.). Co fin de axudar ao ecosistema ofrecemos:

asesoramento gratuíto a startups en todos os temas legais e financeiros que levamos, para axudarlles a seguir avanzando a pesar do frenazo económico.

Contacto: per@eocorporatefinance.com