Startups polo miúdo: Galiwonders, a axencia de viaxes online especializada no Camiño de Santiago,

22 de enero de 2025

A sección de "Startups polo miúdo" pretende ser ese pequena porta de entrada a coñecer proxectos galegos con tecnoloxía de fondo. Facémolo con moito mimo, poñendo foco no máis importante deste ecosistema: as persoas e os seus proxectos.

Hoxe estamos a falar con Sabela Gippini, cofundadora de Galiwonders. En esencia, son unha axencia especializada completamente en todo o relacionado ca experiencia, enfocada completamente no dixital, do Camiño de Santiago.

Sabela, imos ca tua entrevista!

1.     E logo... que? [Describe cunha frase a túa startup]

[Galiwonders]: Galiwonders é unha axencia de viaxes online especializada no Camiño de Santiago, que axuda a viaxeiros de todo o mundo a planificar a súa experiencia dende Galicia. Actuamos como intermediario local, conectando turistas internacionais cos mellores provedores galegos. Ofrecemos paquetes totalmente a medida e personalizables, adaptándonos sempre ás preferencias dos nosos clientes, e non ao revés. O noso catálogo inclúe todas as rutas máis emblemáticas do Camiño: o Camiño Francés, o Camiño Portugués, a Variante Espiritual... e moitas máis!

2.     E vos de quen vides sendo? [Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados..]

[Galiwonders]: A idea naceu da miña experiencia persoal. Chámome Sabela e fundei Galiwonders no 2016, tras máis de 4 anos vivindo en Irlanda. Dende alí percibín o enorme potencial que ten Galicia como destino turístico internacional. Empezamos pequenos, e hoxe somos un equipo de 17 persoas que traballan dende Pontevedra, aínda que sigo sendo a única socia.

3. Outra vaca no millo. [Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?]

[Galiwonders]: No 2016, a oferta do Camiño de Santiago online estaba dominada por axencias de fóra de Galicia, cunha proposta moi cara e pouco personalizada. Pola outra banda, as axencias galegas tiñan un modelo tradicional, pouco adaptado á dixitalización. Galiwonders nace para cubrir ese oco: ofrecer unha experiencia completa, local e dixitalizada, dende aquí, para viaxeiros que queren reservar dende calquera parte do mundo. Queremos facer fácil o difícil, eliminando barreiras culturais e idiomáticas. Así que, se estás pensando en facer o Camiño de Santiago ou coñeces alguén que esté empezando a planificalo, en Galiwonders preparamos unha Guía Práctica con todo o que necesitas saber. Pódes descargála no seguinte enlace: https://galiwonders.com/guia-practica-del-camino-de-santiago/ 

4.     Malo será que non academos... [Próximos pasos. Que obxectivos tedes?]

[Galiwonders]: Agora que o noso modelo de negocio está consolidado, os obxectivos son claros: crecemento e diversificación. Queremos entrar noutros mercados e explorar novos produtos turísticos en Galicia, como o turismo enolóxico, termal ou industrial. Ademais, soña connosco: e se Galicia se convirte nun destino top para nómadas dixitais e traballadores en remoto? Para iso nace KnowmadTribe. Unha nova startup que comezamos a cociñar este ano en Turislab.

5.     Cantos cartos tedes no banco? [Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :) ]

[Galiwonders]: Tivemos a sorte de iniciar nun sector con barreiras de entrada e custos de arranque relativamente baixos. Grazas a iso, puidemos crecer de forma orgánica e con capital propio, mediante bootstrapping. Cunha facturación de case 3 millóns de euros, estamos cómodos para seguir auto-financiando os nosos proxectos, polo menos por agora.

6.   Na miña terra, faise así. [Cáles son os vosos valores? Traballo remoto ou presencial? Como coidades do talento?]

[Galiwonders]: En Galiwonders apostamos por un modelo de traballo flexible que combina o presencial e o remoto, adaptándonos ás necesidades individuais. Cremos que o talento é o noso maior activo, por iso ofrecemos formación continua e fomentamos un ambiente laboral aberto, colaborativo e inclusivo. Ademais, a sostenibilidade é un dos nosos piares fundamentais. Estamos comprometidos co turismo responsable e procuramos integrar prácticas sostibles en todos os nosos procesos: dende a selección de provedores locais con certificacións de eficiencia enerxética ata o deseño de experiencias que respecten e potencien o patrimonio natural e cultural de Galicia. Para nós, coidar do talento e do medio ambiente é a mellor forma de coidar do futuro.

7.   Son máis listos ca un allo... [Un emprendedor de referencia ao que admires. Por que? Unha startup galega que recomendedes. Por que?]

[Galiwonders]: Unha emprendedora que admiro é Yaiza Canosa, un auténtico exemplo de enerxía e inspiración. Cada vez que escoito un podcast seu, recárgome de ideas e motivación. E falando de startups galegas, a miña recomendación é Salmoira, de Pontevedra. Son un exemplo perfecto de como combinar tradición e innovación. Cando visitas o seu local, transmítenche paixón, creatividade e moito cariño polo seu traballo.

8.    A camiño longo pasos pequenos. [Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?]

[Galiwonders]: No ecosistema emprendedor galego fáltanos máis apoio na fase de crecemento e diversificación. Hai moitos programas e axudas para comezar, pero cando unha idea está validada e toca escalar, moitas veces estamos un pouco sós. Un maior asesoramento e máis ferramentas na fase scale-up serían o empurrón definitivo para moitas empresas.


Moitas grazas, Sabela, por falar tan profundamente do voso proxecto, compartir experiencias, aprendizaxes, etc con toda a comunidade.

Seguiremos compartindo máis historias reais de proxectos nados en Galicia nesta sección. E ti, queres aparecer neste espazo de ''Startups polo o Miúdo''? Contacta connosco en info@startup.gal

Startup Galicia

A túa comunidade en Galicia

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal