Startups polo miúdo: oSIGris, dixitalizando o traballo agricultor

19 de febrero de 2025

As startups galegas tocan moitos ámbitos, nos que innovan e propoñen enfoques diferentes a problemas reais. Nós queremos que todas teñan visibilidade e cas entrevistas de "Startups polo miúdo" poñemos foco no máis importante deste ecosistema: as persoas e os seus proxectos.

Nesta entrevista estamos a falar co fundador e CEO de oSIGris, o compañeiro José Senande. O proxecto de oSIGris traballa para facilitar a vida de agricultores e agricultores dixitalizando os procesos no campo. Queres saber máis? Imos aló!

1.     E logo... que? [Describe cunha frase a túa startup]

[oSIGris]: Osigris desenvolveu un software agrícola co obxectivo de facilitar a dixitalización e por conseguinte reducir tempo nas súas tarefas, especialmente ao pequeno e mediano agricultor.

O software enfócase principalmente na realización do caderno de campo, o cal será obrigatorio presentar de maneira dixital a partir do 1 de xaneiro de 2026.

Con oSIGris o usuario pode levar un control total da súa explotación, con apartados específicos para fitosanitarios, fertilizantes, colleitas, rego etc.


2.     E vos de quen vides sendo? [Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados..]

[oSIGris]: Osigris conta con catro socios fundadores que se coñeceron en Lugo, tres dos cales estudaban alí diversas enxeñarías, e co cuarto tiñamos amigos en común.

Na actualidade, o equipo divídese entre Vigo e A Coruña, podese dicir que vivimos na AP-9.



3. Outra vaca no millo. [Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?]

[oSIGris]: Este proxecto lánzase co obxectivo de facilitar a dixitalización aos agricultores, reducíndolles tempo no seu día a día.

En 2018, cando oSIGris nace, xa existían software agrícolas, pero oSIGris nace co obxectivo de ser a ferramenta máis intuitiva e sinxela de manexar do mercado. Escapa de grandes funcionalidades pero que resolve as necesidades do día a día dos pequenos e medianos agricultores.



4.     Malo será que non academos... [Próximos pasos. Que obxectivos tedes?]

[oSIGris]: O obxectivo de oSIGris para os próximos 12 meses é consolidarse como a referencia do caderno de campo dixital en España, aproveitar o crecemento que vai ter o sector coa nova regulación e crear novos produtos que completen a experiencia do usuario.



5.     Cantos cartos tedes no banco? [Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :) ]

[oSIGris]: Osigris na actualidade atópase nunha posición cómoda de tesourería (con varios meses de gastos totais en caixa). Ainda así, está por tomar a decisión de se buscar unha nova rolda de inversión para aumentar os recursos antes da inminente obrigatoriedade do caderno de campo dixital ou se seguir cos recursos actuais.



6.   Na miña terra, faise así. [Cáles son os vosos valores? Traballo remoto ou presencial? Como coidades do talento?]

[oSIGris]: O valor principal de oSIGris é o bo ambiente laboral, chegando a ser un grupo de amigos. Isto axuda moito a reter o talento, xa que únicamente por salario unha empresa como oISGris non pode competir neste caso.

O tipo de traballo é semi-presencial para todo o equipo, salvo para as dúas persoas de vendas que o prefiren presencial.

Para contrarrestar que alguns únicamente coincidimos un día á semana na oficina, unha vez ao trimestre facemos xornadas máis distendidas de equipo. A máis especial é a xornada de verán, na que pasamos 4 días nunha casa con piscina. A casa deste ano xa está reservada!!



7.   Son máis listos ca un allo... [Un emprendedor de referencia ao que admires. Por que? Unha startup galega que recomendedes. Por que?]

[oSIGris]: Aquí barremos para a casa. Innogando, unha startup lucense do sector gandeiro. Paréceme incrible a capacidade de crecemento e mellora que tiveron nos últimos anos e todo enfocado no control do gando mediante o uso de gps e outras técnicas de localización animal.



8.    A camiño longo pasos pequenos. [Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?]

[oSIGris]: Máis foliadas con música, comida, e cuncas de viño. Non podo dicir mais XD.



José, agradécemoste que compartir asca comunidade o teu proxecto!

Seguiremos compartindo máis historias reais de proxectos nados en Galicia nesta sección. E ti, queres aparecer neste espazo de ''Startups polo o Miúdo''? Contacta connosco en info@startup.gal

Startup Galicia

A túa comunidade en Galicia

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal