Startups polo miúdo: Nigal, facendo brillar os teus datos

8 de noviembre de 2024

A sección de "Startups polo miúdo" pretende ser ese pequena porta de entrada a coñecer proxectos galegos con tecnoloxía de fondo. Facémolo con moito mimo, poñendo foco no máis importante deste ecosistema: as persoas e os seus proxectos.

Falamos hoxe con Lara Andrea, co-fundadora de Nigal. A base de Nigal é a de axudar a tomar mellores decisións a nivel de empresa e produto a través da IA. Comezamos!

1. E logo... que?  Describe cunha frase a túa startup

[Nigal]: facer brillar os teus datos. Ou, dito con máis detalle, sé máis rendible, máis produtivo e máis sostible coa IA de Nigal.

2. E vos de quen vides sendo? Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados....

[Nigal]: Son Lara Neira, doutora en intelixencia artificial pola Universidade de Edimburgo e licenciada en matemáticas pola USC. Nesta mesma universidade tamén se licenciou Adrián Rodríguez Sanjurjo, que, ao igual ca min, ten un doutoramento, aínda que no seu caso en matemática aplicada pola Universidade de Cork. Xuntos, especializámonos en desenvolver modelos matemáticos avanzados de IA e lideramos os proxectos de Nigal.

Elena Alonso Rodríguez é a nosa especialista en márketing, licenciada en publicidade e relacións públicas pola Universidade de Vigo.

En Nigal contamos con tres desenvolvedores de software, todos con máis de cinco anos de experiencia no desenvolvemento de plataformas web e apps móbiles a tempo real: David Fernández García, inxeñeiro pola UDC, Anxo Asensio Rodríguez e Pablo Ramos Muras.

Somos todos galegos da provincia de Lugo. David é de Lugo, e o resto de nós, de Ribadeo. David e Anxo coñecéronse na Coruña, e eu co resto, por sermos veciños do mesmo pobo.

3. Outra vaca non millo. Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?

[Nigal]: Nigal sempre traballou por crear valor nos sectores estratéxicos de Galicia, desenvolvendo solucións de IA que melloren o día a día das persoas. Con este compromiso, lanzamos LIBATIO, unha plataforma dixital que permite ás adegas optimizar os seus procesos, facéndose máis rendibles, produtivas e sostibles. LIBATIO controla en tempo real o volume e a calidade do viño.

No sector forestal, impulsamos a dixitalización, apoiando aos profesionais da madeira nunha das tarefas máis esixentes: a notificación de cortas. Co noso produto, as cortas pódense rexistrar de xeito dixital, notificar en tempo real e reducir significativamente o tempo dedicado a este tipo de tarefas.

No noso compromiso de mellorar a vida das persoas, creamos ISOCRONA, unha ferramenta que optimiza a xestión das viaxes do servizo de emerxencias 061, reducindo considerablemente o tempo de localización dun destino e, en consecuencia, baixando a taxa de exitus.

Finalmente, co obxectivo de fomentar a sustentabilidade, lanzamos LIXO, un xestor de residuos en tempo real, que axuda a mellorar a eficiencia e a xestión dos residuos.

4. Malo será que non academos... Próximos pasos. Que obxectivos tedes? 

[Nigal]: Ahora mesmo temos tódolos produtos mencionados anteriormente desenrolados, así que
os próximos pasos é adquirir novos clientes, así como ampliar novas funcionalidades ou
mellorar as xa existentes.

5. Cantos cartos tedes no banco? Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :)

[Nigal]: Temos un EBITDA positivo, ainda que nunca abrimos ninguna ronda de inversión. De feito, non tivemos inversión de familia e amigos. Esperamos e buscamos seguir facendo bootstraping.

6. Na miña terra, faise así. Cales son os vosos valores? Traballo a distancia ou en persoa? Como coidades do talento?

[Nigal]: Nigal valora ante todo o factor humano, a conciliación familiar, a igualdade de xénero, a sostibilidade, e o impulso polo rural e os setores estratéxicos de Galicia.

O traballo é remoto pero con acceso ao traballo na oficina. Coidamos do talento ofreciendo horario flexible e mediante a adquisición de participación da empresa para apoiar o traballo frito desde o principio e agradecer o esforzo diario.

7. Son máis listos ca un allo... Un emprendedor de referencia que admiras. Porque? Unha startup galega que recomendas. Porque?

[Nigal]: Emprendedores…. Moitos. Admiramos, para empezar, a calquera persoa que emprenda porque o camiño non é doable nin a nivel laboral nin persoal para ninguén.

Recomendaríamos varias, pero por cercanía SC Robotics xa que son os nosos colaboradores en Libatio. Indominus porque son os que nos apoian con as apliacións ás
axudas a réxime competitivo. Innogando pola proximidad e a cercanía a Elio. Por terminar, Logitmelt xa que foro os nosos compañeiros da BFA e temos boa relación con eles.

8. A camiño longo, pasos pequenos. Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?

[Nigal]: Esta pregunta é moi complexa. Quizás más información a premios nacionais, potenciar máis encontros entre startups, conexión con Angel Investors e Venture Capitalist.

Acceso a formación de calidade como poden ser certificados para executivos, quizás mediante becas para mellorar a xestión das startups.

Máis visibilidade dos productos para os posibles clientes das startups. Axudas tipo Activa Startups que potenciaba a unión dun cliente con a startup.

Agradecemento grande, Lara, por compartir ca comunidade e contarnos a fondo o teu proxecto.

Nesta sección continuaremos a falar de proxectos nados en Galicia para o mundo. E ti, queres aparecer neste espazo de ''Startups polo o Miúdo''? Contacta connosco en info@startup.gal

Startup Galicia

A túa comunidade en Galicia

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal