Startups polo miúdo: Innogando, unha Agrotech que axuda e mellora a vida dos gandeiros

20 de agosto de 2024

Se algo temos claro nesta terra e que aquilo que non se comunica, moitas veces non existe. Por iso queremos poñer o foco no máis importante desde ecosistema: as persoas e os seus proxectos. As persoas  emprendedoras que están a traballar por revolucionar o panorama coas súas ideas innovadoras.

Desta volta tocoulle o turno a Innogando, unha Agrotech que axuda e mellora a vida dos gandeiros. Falamos co seu CEO & Co-Founder Elio López García e contámosche todos os segredos.

1. E logo... que?  Describe cunha frase a túa startup

[Innogando]: Somos unha startup de Agrotech e axudamos ós gandeiros a mellorar a eficiencia e sustentabilidade das súas explotacións, á vez que lle proporcionamos tranquilidade a través dunha ferrementa tecnolóxica única, cun sistema de monitorización do gando moi completo e versátil..

2. E vos de quen vides sendo? Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados....

[Innogando]: Elio López Garcia e Daniel Pardo Rus somos os co-fundadores de Innogando, e amigos dende pequenos. Unha vez botamos a andar este proxecto, rápidamente se uniron Carlota Antelo, Daniel Rizo, Braulio Méndez e Pablo López.

Estamos no corazón da Terra Chá Lucense, en O Arneiro (Cospeito), por iso temos contacto directo coas necesidades das explotacións tanto extensivas como intensivas, e combinamos o coñecemento tecnolóxico coa tradición gandeira local para ofrecer solucións innovadoras.

3. Outra vaca non millo. Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?

[Innogando]: Sabíamos de primeira man que o sector precisaba mellorar na xestión das gandarías, había que resolver a falta de eficiencia e control no manexo do gando porque afecta tanto ó rendemento económico das explotacións coma ó descanso do gandeiro. Partimos da base de que era necesario facilitarlle o control das reses e que puidera tamén previr posibles patoloxías, mellorando así a produtividade.

4. Malo será que non academos... Próximos pasos. Que obxectivos tedes? 

[Innogando]: Os nosos obxectivos principais inclúen expandir a nosa presenza no mercado internacional, mellorar continuamente as funcionalidades de Rumi mediante avances tecnolóxicos e investigación, e colaborar con máis granxas e cooperativas para integrar a nosa solución a nivel global...

5. Cantos cartos tedes no banco? Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :)

[Innogando]: Estamos nunha situación económica sólida tras completar unha exitosa rolda de financiamento en 2024. Isto proporcionounos os recursos necesarios para expandir as nosas operacións e continuar innovando no noso produto estrela: Rumi.

6. Na miña terra, faise así. Cales son os vosos valores? Traballo a distancia ou en persoa? Como calidades do talento?

[Innogando]: Os valores que temos por bandeira inclúen a sustentabilidade, a innovación e a colaboración. Promovemos un modelo de traballo híbrido que combina o traballo remoto e presencial, permitindo flexibilidade e un equilibrio saudable entre a vida laboral e persoal.

Coidamos do talento ofrecendo oportunidades de desenvolvemento profesional, formación continua e un ambiente de traballo inclusivo e motivador.

7. Son máis listos ca un allo... Un emprendedor de referencia que admiras. Porque? Unha startup galega que recomendas. Porque?

[Innogando]: Un emprendedor de referencia ó que admiro é meu pai, xa que con 70 anos acaba de sacar adiante outro proxecto co que fai alimentación innovadora para o sector gandeiro. O seu carácter innovador dende logo que nos inflúe a todo o equipo a seguir medrando e
validando as solucións que aportamos.

En canto a unha startup galega, recomendo Himikode, xa que están facendo solucións tecnolóxicas basadas en datos para a industria alimentaria, e colaboramos con eles en diversos proxectos co obxectivo de pechar o ciclo e chegar o consumidor final.

8. A camiño longo, pasos pequenos. Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?

[Innogando]: Falta un maior acceso a financiamento e recursos para startups en fases iniciais, así como máis programas de mentoría e apoio que conecten emprendedores con expertos e inversores a nivel global. Confío en que hai moitas boas ideas e potencial que precisan un empurrón para zarpar e por rumbo ó éxito empresarial.

Moitas grazas Elio por participar e facer parte de este ecosistema en crecemento!

Volvemos a vindeira semana con outro protagonista, se queres aparecer neste espazo de ''Startups polo o Miúdo'' contacta connosco en info@startup.gal

Startup Galicia

A túa comunidade en Galicia

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal