Startups polo miúdo: Cluber, facendo doada a xestión de clubes deportivos
7 de diciembre de 2024
Con "Startups polo miúdo" tratamos de dar coñecer proxectos e startups galegas nas que a tecnoloxía teña unha presenza fundamental. Falamos de negocio pero centrámonos nas persoas, nas súas circustancias e no que ten que ver co contexto emprendedor galego.
Falamos hoxe con Diego López, CEO de Cluber. Esencialmente Cluber dixitaliza toda a xestión de clubes deportivos, facilitando a xestión de equipo, persoas socias, asistencia, etc. Imos aló!
1. E logo... que? Describe cunha frase a túa startup
[Cluber]: Cluber é un software de xestión para clubes deportivos.
2. E vos de quen vides sendo? Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados....
[Cluber]: Nados e criados entre Ordes, Mesía e A Coruña, os fundadores coñecímonos por compartir deporte nos campos de fútbol dos nosos equipos e por estudos na Facultade de Informática de A Coruña. Agora temos a oficina de Cluber en A Coruña, ó carón de Expocoruña.
3. Outra vaca non millo. Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?
[Cluber]: Resolvemos os problemas de xestión administrativa e económica que teñen os clubes deportivos de categorías non profesionais.
Así que, se te sintes identificado cos problemas de xestión co teu club deportivo ou coñeces alguén que poda sufrilo, Cluber preparou unha proposta para obter a súa ferramenta de forma gratuita se o solicitas na seguinte ligazón: https://zfrmz.eu/98O6v5QaGsfmpfUYbTOg
4. Malo será que non academos... Próximos pasos. Que obxectivos tedes?
[Cluber]: O noso seguinte obxetivo é alcanzar os 2.000 clubes clientes de Cluber.
5. Cantos cartos tedes no banco? Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :)
[Cluber]: Afortunadamente chegamos a punto de equilibrio e non necesitamos de máis financiación externa para seguir crecendo ó bo ritmo actual.
6. Na miña terra, faise así. Cales son os vosos valores? Traballo a distancia ou en persoa? Como coidades do talento?
[Cluber]: Gústanos o traballo en oficina que internamente coñecemos como trincheiras, pero adaptámonos ó traballo remoto cando é preciso.
7. Son máis listos ca un allo... Un emprendedor de referencia que admiras. Porque? Unha startup galega que recomendas. Porque?
[Cluber]: Pablo Pazos, o fundador e co-CEO de Barkibu. Dende xa fai moitos anos, cada vez que falo con él aprendo algo incrible e a súa empresa, Barkibu, non para de crecer a un ritmo descomunal. Ademáis, leva na sangue o lema de "dende Galicia para o mundo", algo co que me sinto moi identificado.
8. A camiño longo, pasos pequenos. Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?
[Cluber]: Para min falta un único punto de encontro. Temos un talento xigante, pero non hai un único sitio no que nos atopemos todos de xeito recurrente.
Diego, foi un prazer ler as tuas verbas sobre o teu proxecto. Parabéns!
Nesta sección continuaremos a falar de proxectos nados en Galicia para o mundo. E ti, queres aparecer neste espazo de ''Startups polo o Miúdo''? Contacta connosco en info@startup.gal
Startup Galicia
A túa comunidade en Galicia