Startups polo miúdo: ByRoomNumber, transformando o check in nos hoteis

31 de agosto de 2024

Se algo temos claro nesta terra e que aquilo que non se comunica, moitas veces non existe. Por iso queremos poñer o foco no máis importante desde ecosistema: as persoas e os seus proxectos. As persoas  emprendedoras que están a traballar por revolucionar o panorama coas súas ideas innovadoras.

Nesta ocasión imos a falar de ByRoomNumber, un proxecto que traballa no sector hoteleiro para facilitala vida tanto ós hóspedes coma ós hoteis. Falamos co seu CPO e Co-Founder Diego Castro e profundizamos no que fan e o seu enfoque nun sector tan competido.

1. E logo... que?  Describe cunha frase a túa startup

[ByRoomNumber]: ByRoomNumber é unha ferramenta que transforma o proceso de check in hoteleiro, permitindo aos hóspedes seleccionar a súa habitación específica e optimizar os ingresos do hotel.

2. E vos de quen vides sendo? Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados....

[ByRoomNumber]:  Diego Rodríguez e máis Rafael Vizcaíno coñécense da súa etapa universitaria. Nós coñecémonos nas fases de acceso á aceleradora VíaGalicia, onde lideraba outro proxecto.

Somos 3 enxeñeiros industriais galegos, dous de nos vivimos na Coruña (Rafa e máis Diego C.) e Diego R. vive en Ourense. As oficinas as temos na Coruña, no centro de empresas Accede Papagaio.

3. Outra vaca non millo. Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?

[ByRoomNumber]: Por qué escollemos o asento nun avión ou a butaca nun evento deportivo pero non podemos escoller a habitación na que imos durmir?

Queriamos resolver a falta de personalización no proceso de check in hoteleiro, permitindo aos viaxeiros elixir a súa habitación específica e, ao mesmo tempo, aumentar os ingresos do hotel mediante estratexias de cross-selling y up-selling.

4. Malo será que non academos... Próximos pasos. Que obxectivos tedes? 

[ByRoomNumber]: Queremos seguir implantando a solución en hoteis á vez que continuamos a desenvolver as integracións cos softwares de xestión hoteleira. O noso obxectivo e xestionar ao redor de 1000 habitacións antes de final de ano e estar integrados cos 3 principais softwares, cos que traballan aproximadamente o 50% dos hoteis.

5. Cantos cartos tedes no banco? Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :)

[ByRoomNumber]:  Ata agora estamos a facer bootstraping e a nosa intención e abrir a primera rolda de inversión nos próximos meses, cando teñamos máis métricas de uso nas implantacións que estamos a realizar en hoteis. Xa estamos a falar con varios fondos de capital risco.

6. Na miña terra, faise así. Cales son os vosos valores? Traballo a distancia ou en persoa? Como calidades do talento?

[ByRoomNumber]: Os nosos valores céntranse na innovación, a transparencia e o compromiso coa mellora continua. Fomentamos un ambiente de traballo flexible, combinando o traballo remoto e presencial segundo as necesidades do equipo.

7. Son máis listos ca un allo... Un emprendedor de referencia que admiras. Porque? Unha startup galega que recomendas. Porque?

[ByRoomNumber]: En Galicia, recomendamos a Pilgrim polo seu enfoque innovador na dixitalización do Camiño, que permite que miles de persoas gocen dunha experiencia única, poñendo en valor o potencial de Galicia como destino turístico de nivel mundial.

8. A camiño longo, pasos pequenos. Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?

[ByRoomNumber]:  Encantaríanos ver máis programas que fomenten a colaboración entre startups e grandes corporacións para impulsar a innovación conxunta. Esta colaboración beneficiaría non só ás startups, que poderían acceder a recursos e coñecementos que doutro xeito non estarían ao seu alcance, senón tamén ás grandes corporacións, que poden atopar nas startups un socio áxil e creativo para innovar e adaptarse rapidamente aos cambios do mercado. Os programas de aceleración corporativa, onde as grandes empresas actúan como mentores ou investidores en startups, poderían ser especialmente beneficiosos.

Moitas grazas Diego por participar e facer parte de este ecosistema en crecemento!

Volvemos próximamente con outra persoa protagonista. Se queres aparecer neste espazo de ''Startups polo o Miúdo'' contacta connosco en info@startup.gal

Startup Galicia

A túa comunidade en Galicia

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal