Startups polo miúdo: GalInsect, convertindo insectos en fonte de alimentación
7 de febrero de 2025

As startups galegas tocan moitos ámbitos, nos que innovan e propoñen enfoques diferentes a problemas reais. Nós queremos que todas teñan visibilidade e cas entrevistas de "Startups polo miúdo" poñemos foco no máis importante deste ecosistema: as persoas e os seus proxectos.
Falamos hoxe con Rubén Recamán, co-fundador e CEO de Galnsect. Como é isto? Pois Galinsect adícase a criar insectos para xerar unha base de alimentación útil e sostible. Todo, dende Galicia.
Imos adiante con Rubén!
1. E logo... que? [Describe cunha frase a túa startup]
[Galinsect]: Somos unha empresa especializada na revalorización de residuos e subprodutos mediante o emprego de insectos, co obxectivo principal de desenrolar produtos de alto valor engadido para a industria química.
2. E vos de quen vides sendo? [Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados..]
[Galinsect]: O equipo promotor o conformamos 5 rapaces de Vigo, amigos dende cativos, que compartíamos o mesmo interés de poder crear un proxecto empresarial común.
3. Outra vaca no millo. [Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?]
[Galinsect]: Inicialmente buscábamos obter fontes de proteína alternativas de xeito máis sustentable á gandería tradicional.
4. Malo será que non academos... [Próximos pasos. Que obxectivos tedes?]
[Galinsect]: Desenrolar a nosa primeira planta de biorrefinería para obter produtos de alto valor engadido, como son a quitina, enzimas proteasas, proteínas hidrolizadas e ácidos graxos.
5. Cantos cartos tedes no banco? [Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :) ]
[Galinsect]: Agora mesmo estamos inmersos na nosa primeira rolda de financiación, coa que esperamos obte-los cartos necesarios para levar ao cabo a nosa primeira planta de produción. (Contamos cunha subvención de ó redor de 450.000€ que cubre un 60% dos custes de inversión na planta).
6. Na miña terra, faise así. [Cáles son os vosos valores? Traballo remoto ou presencial? Como coidades do talento?]
[Galinsect]: O noso xeito e política de traballo vai enfocada a resultados e non tanto a unha presencialidade obligatoria nunha xornada horaria definida. Cada integrante do noso proxecto é responsable da súa propia xornada e do seu emprego dos medios dispoñibles para acadar eses obxectivos.
7. Son máis listos ca un allo... [Un emprendedor de referencia ao que admires. Por que? Unha startup galega que recomendedes. Por que?]
[Galinsect]: Destacaríamos como emprendedor a Juan Fernández de KeyBiological, pola súa determinación e bo facer ós mandos da súa empresa.
Unha startup que recomendamos sería Hifas da Terra, xa que de certo xeito nos vemos identificados en como foron innovando e orientando os seu modelo de negocio cara sectores máis biotecnolóxicos.
8. A camiño longo pasos pequenos. [Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?]
[Galinsect]: Pensamos que o ecosistema emprendedor galego precisa de maiores fontes e recursos de financiación, así como préstamos ó emprendimiento con mellores condicións de acceso e de pago.
Rubén, grazas por contarnos o teu proxecto e compartir ca comunidade un negocio distinto.
Seguiremos compartindo máis historias reais de proxectos nados en Galicia nesta sección. E ti, queres aparecer neste espazo de ''Startups polo o Miúdo''? Contacta connosco en info@startup.gal

Startup Galicia
A túa comunidade en Galicia