Netiqueta do Furancho

29 de octubre de 2023

Sobre o Furancho

Dende Startup Galicia dámosvos a benvida ao noso Furancho. Este Furancho Virtual é o espazo de Slack xestionado pola asociación Startup Galicia, e ten a misión de servir como lugar de encontro, como ágora virtual onde todo o ecosistema emprendedor galego poida encontrarse e comunicarse. Para quen é o Furancho? A maioría das persoas que participan activamente no Furancho de Startup Galicia, son emprendedoras ou traballan en startups. Porén, o Furancho é un espazo aberto a calquera persoa interesada no emprendemento e que queira formar parte do ecosistema emprendedor galego. Se ben dende Startup Galicia se respeta e valora a todas as empresas do país a nosa misión céntrase en axudar ás startup. Por esta razón, as ofertas de emprego que se publican na canle #Traballos do Furancho están restrinxidas a aquelas relacionadas con esas empresas.Sobre as canlesNeste Furancho hai 8 canles as que por defecto todos os membros están apuntados:

  • Xeral.

  • Megalinkazos

  • Novas do Ecosistema

  • Eventos

  • Presentacións

  • Traballos

  • Canle para entrevistas

  • Educación-TICs

En cada unha destas canles hai moderación en función das normas de netiqueta e da temática. Unha descrición máis polo miúdo dos temas tratados en cada unha delas pode ser consultada aquí.Ademais das anteriores, hai múltiples canles creadas polos propios furancheiros, tanto públicas como privadas. Normas e recomendación

  • Respeto ao resto: non aceptamos insultos, desprecios nin cousas polo estilo.

  • Dar antes que recibir: non entres a saco na casa de todos para promocionarte, publicar un oferta de traballo, promocionar o teu evento, …, sen preocuparte por aportar algo aos demais. O óptimo sería primeiro dar que recibir, pero se xa comezas pedindo, non te vaias sen dar algo.

  • Linguas: as linguas de uso máis habitual das persoas que participan no Furancho son o galego e o castelán, polo que se recomenda o uso de calquera delas co fin de favorecer a participación do maior número posible de furancheiros e furancheiras nas conversas e debates. Porén, esta Netiqueta non contempla ningunha restrición no uso de calquera outra lingua. Exprésate no idioma co que te sintas máis cómodo/a.

  • Temáticas das canles: nas 8 canles “oficiais” do Furancho hai moderación para evitar que se posteen cuestións non relacionadas coa temática definida para esa canle.

  • Presentarse: hai unha canle moderada, chamada “Presentacións”, onde se recomenda ás persoas que entran por primeira vez no Furancho  (e tamén ás antigas que non o fixeran) a presentarse a si mesmas e ó(s) seu(s) proxectos. A comunidade de emprendedores no Furancho comeza a ser o suficientemente grande como para moitos dos usuarios non se coñezan en persoa. Por este motivo, preténdese que esta canle sirva para poder coñecerse, cando menos virtualmente.

Nesta Netiqueta non se contempla un xeito concreto de facer esta presentación, quedando a elección de cada emprededor e emprendedora a escolla do xeito que considere máis idóneo para darse a coñecer á comunidade. Dende a asociación, só se pide respeto e un pouco de humildade.

Como configurar o nickname

Recoméndase usar un nickname co formato “Nome Emprendedor - Proxecto (localización)”. Desta maneira, todos os furancheiros e furancheiras son máis fáciles de “ubicar”. Utilizar unha foto real tamén axuda a facilitar a identificación de cada unha das persoas participantes no Furancho.Se che gusta o que pasa neste Furancho e o que se fai dende Startup Galicia, recomendámosche seguir o noso twitter, apuntarte á nosa newsletter e consultar os eventos do ecosistema no noso agregador de eventos.Se queres saber máis sobre Startup Galicia, aquí tes un post que explica os obxectivos da comunidade.

Startup Galicia

A túa comunidade en Galicia

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal