Apunta a túa startup ó V Venture on the Road en Vigo

V Venture on the Road en Vigo
Por
Startup Galicia
o
4/1/2022

Ainda non coñecedes Venture on the Road é un roadshow creado en 2017 pola aceleradora SeedRocket e Bstartup de Banco Sabadell, que pon en contacto startups con inversores e facilita o networking. En 2020 únese como organizador Wayra, o hub de innovación aberta de telefónica, e en 2021 Google for Startups incorpórase como partner. O programa conta cun formato presencial e ten como obxectivo buscar o mellor dealflow de cada rexión e dar a posibilidade a startups en fase seed de presentar o seu proxecto ante inversores. Ademais, todas as startups seleccionadas pasarán ó fast track do proceso de selección do Campus de Emprendedores. As 6 startups gañadoras das diferentes cidades poderán participar na final nacional. As startups finalistas de cada cidade serán tamén parte do programa nativos dixitais de Google Cloud Plattform con 10.000 dólares en créditos válidos durante 9 meses e seguimento técnico cos enxeñeiros de Google Cloud; así como aceso preferente a formación avanzada dos programas de training de Google Cloud Plattform. A startup gañadora recibirá:

  • Asesoramento especializado en finanzas ou marqueting valorado en 3.000 euros ofrecido por BStartup.
  • Participación como proxecto invitado no Campus de Emprendedores e 3 horas de asesoramento de SeedRocket.
  • Espacio de 6-12 meses nas oficinas de Wayra, así como aceso fast-track aos seus eventos patrocinados, axenda de contactos, apoio en comunicación e aceso ós seus obradoiros e formacións.
  • Premio de Google for Startups: o gañador final desta V edición será parte do programa de nativos dixitais de Google Cloud, contando con hasta 25.000 dólares en créditos válidos por 9 meses, revisión de arquitectura e seguimento técnico cos enxeñeiros de Google Cloud; así como aceso preferente a formación avanzada dos programas training de Google Cloud Platform + aceso a Google for Startups Campus Madrid durante 6 meses.

Que requisitos tes que cumprir para participar?Para participar tes que cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter un proxecto tecnolóxico innovador en fase inicial.
  • Ter xa desenvolvida unha primeira versión do produto. Tamén se terán en conta proxectos en fase de lanzamento se son proxectos innovadores cun equipo brillante.
  • Ser un equipo polivalente.
  • Amosar que a vosa startup ten tracción.
  • Atoparse na busca de inversión.
  • Completar o seguinte formulario seleccionando V Venture on the Road Vigo 2022 antes do 11 de xaneiro ás 23.59 (hora de Madrid)

Cando e onde se celebra?

  • Xoves 20 de xaneiro do 2022 ás 17.00h
  • Círculo de Empresarios de Galicia, Rúa de García Barbón 62, Vigo.

Se queres asistir ó evento como público, debes rexistrarte no seguinte formulario.Vémonos en Vigo?

Startup Galicia
A túa comunidade en Galicia

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecosistema galego.