Manifesto de impulso ao ecosistema galego de emprendemento.

Proposta de accións por parte de Startup Galicia ante as eleccións do 12X

O 12 de xullo celebraremos as vindeiras Eleccións ao Parlamento de Galicia, despois dun trimestre de confinamento e ralentización económica motivada pola crise da COVID-19. Crise que afectou de xeito significativo a grandes empresas galegas pero tamén a persoas autónomas, pequenas e medianas empresas e startups.Dende Startup Galicia cremos que o futuro do país e de todos nós vai depender de que saibamos crear un ecosistema emprendedor e innovador potente, e para iso presentamos o seguinte decálogo:
  1. Aumentar o orzamento de I+D ao nivel das principais rexións europeas, favorecendo e potenciando a transferencia tecnolóxica.
  2. Crear unha política de innovación e emprendemento non só centrada no arco Atlántico ou nos grandes núcleos, senón tamén en contornas periféricas e rurais.
  3. Fomentar o emprendimento en feminino en particular, e a diversidade nas startups galegas en xeral. É preciso que as startups galegas teñan equipos directivos máis diversos en xénero e procedencia.
  4. Facilitar a posta en marcha de iniciativas emprendedoras con itinerarios que combinen financiación, formación e mentorización, facendo fincapé na xeración de negocio e actuando especialmente na Formación Profesional e a Universidade.
  5. Facilitar o acceso a financiamento en todas as etapas da iniciativa emprendedora, especialmente nas fases iniciais (pre-seed). Mellorar o marco legal de investimento en xeral e en particular para business angels.
  6. Primeira venta: o Goberno galego como cliente e prescriptor dos produtos e servizos das startups, favorecendo tamén o encontro entre o tecido económico “tradicional” e as startups.
  7. Promover que os estudantes dominen linguas estranxeiras, especialmente inglés, chinés e portugués. Potenciar a cercanía entre galego e portugués e o achegamento a Portugal, camiño de entrada ao mercado lusófono con máis de 260M de persoas.
  8. Ollada exterior: favorecendo a presenza das startups galegas no mundo e estimulando o investimento foráneo. Sintonizar coas novas liñas estratéxicas da UE, nomeadamente o Pacto Verde, cara unha innovación dixital e sustentable.  
  9. Poñer en marcha políticas para evitar a emigración de traballadoras cualificadas e de atracción do talento galego na diáspora. Facer de Galicia un lugar atractivo para o desenvolvemento persoal e profesional para propios e foráneos.
  10. Ser responsable e transparente, publicando indicadores obxectivos que sirvan para avaliar que medidas teñen impacto e cales non.‍
A comunidade emprendedora galega comparte, debate e opina no seu particular Furancho: o slack de Startup Galicia. Tamén podes manterte ao día de todo canto acontece no ecosistema emprendedor galego suscribíndote aquí á nosa newsletter semanal. Recibirala na túa bandexa de entrada cada luns.‍