Descubre como a IA está a transformar a xestión de proxectos
Nun entorno altamente dinámico e competitivo como o actual, a xestión eficiente e adaptativa de proxectos é un factor determinante para que as organizacións poidan acadar os seus obxectivos estratéxicos e manterse á vangarda no seu sector.
A xestión eficaz de proxectos require a capacidade de planificar coidadosamente, asignar recursos de forma óptima, supervisar e controlar o progreso do proxecto e tomar decisións informadas en tempo real. Ademais, implica a capacidade de adaptación a medida que xorden novos retos ou se presentan oportunidades inesperadas, o que require flexibilidade, axilidade e capacidade de resposta dos equipos do proxecto. Aquí é onde a aparición da tecnoloxía de intelixencia artificial está a transformar a forma de xestionar os proxectos. Neste sentido, ChatGPT permite, entre outras funcionalidades, automatizar tarefas repetitivas, proporcionar información relevante , facilitar unha asistencia rápida e mellorar os procesos de comunicación.
Esta formación ofrécelle unha oportunidade única para adquirir habilidades prácticas na xestión de proxectos, incluíndo a aplicación efectiva de ferramentas avanzadas como ChatGPT.
Modalidade: Videoconferencia en tempo real
Duración: 12 horas
Datas: 17, 18 e 20 de xuño de 2024
Horario: De 9:30 a 13:30 h.