O obxectivo destas iniciativas é fomentar que as empresas galegas que contan con equipos de desenvolvemento de software adopten prácticas Inner Source, co fin de mellorar a eficiencia e a competitividade.
O evento contará coa participación de Daniel Izquierdo, actual presidente de InnerSource Commons, unha fundación internacional que agrupa as diferentes persoas e entidades que apoian esta tendencia.
Programa:
10:30 Apertura institucional
10:45 Introdución ao concepto de Fonte Interior
Daniel Izquierdo – Presidente InnerSource Commons
11:30 Iniciativas Fonte Interior AMTEGA
Pablo Sanxiao – Oficina de Software Libre AMTEGA
12:00 Aperitivo e agasallo
(Sala Eisenman - Cidade da Cultura de Santiago de Compostela)