ModiñaLab é un evento que se celebrará os días 15 e 16 de novembro na Coruña, co obxectivo de reunir aos principais actores do sector da moda en Galicia, desde a creación do concepto ata a innovación. Trátase dunha iniciativa conxunta de Galicia de Moda e Diesemm, dúas empresas emprendedoras con ampla experiencia en proxectos relacionados co emprendemento, a retención de talento, a identidade territorial e as activacións de marca.
ModiñaLab pretende ser o aglutinador de todas as pezas que conforman o mundo da moda en Galicia, prometendo transformar a industria e promover un crecemento sostible e competitivo no territorio. Para iso contará coa participación de expertos, profesionais, emprendedores e estudantes que compartirán as súas experiencias, coñecementos e visións sobre o presente e o futuro da moda.
ModiñaLab desenvolverase durante dúas xornadas, unha o mércores 15 de novembro na Fundación Luis Seoane e outra o xoves 16 de novembro no Work Café do Banco Santander. Ambos días haberá mesas redondas, presentacións e concursos nos que se abordarán diferentes temas relacionados coa moda e a innovación.