A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a teleformación "Habilidades e competencias para o traballo en equipo en cooperativas" no marco da Rede Eusumo.
Data: do 19 de xuño ao 7 de xullo
Horas: 25
Modalidade: en liña
Obxectivos:
Achegar recursos e medidas de apoio existentes que favorecen o emprendemento cooperativo.
Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo.
Descubrir e aplicar as habilidades nun contorno cooperativo.
Persoas destinatarias:
Persoas interesadas no emprendemento cooperativo, tanto desempregadas como en activo, vinculadas co mundo rural.
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de patane@espazo.coop ou 881 887 456