Cegasal organiza a xornada "Economía Circular Inclusiva" no marco da Rede Eusumo.
Data: 16 de maio
Horario: de 09:15 h a 13:30 h
Modalidade: presencial
Lugar: Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
Obxectivos:
Promocionar o coñecemento sobre a economía circular
Integrar a economía social como modelo empresarial clave
Explorar como os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e as Empresas de Inserción empregan a economía circular para fomentar a inclusión laboral de colectivos vulnerables, promovendo emprego e prácticas sostibles
Explorar sinerxías entre economía circular e social
Estimular a creación de novas iniciativas e modelos de negocio que se aproveiten das vantaxes da economía circular e social para desenvolver solucións máis eficientes e sostibles
Persoas destinatarias:
Empresas que traballan na economía social e/ou na economía circular
Público interesado en xeral
Inscricións: a través deste formulario