Esta xornada pretende dar a coñecer diferentes funcións laborais onde se conxugan ciencia e tecnoloxía. Participarán dez mulleres que traballan en diversos ámbitos, entre eles académico, administrativo e empresarial.
A finalidade é mostrar as posibilidades que se presentan tras a obtención dun título universitario, destacando que a formación recibida prepara para retos que poden non estar directamente relacionados cos contidos cursados.
A actividade desenvólvese a través dun diálogo entre estas mulleres e as nenas, pais e nais asistentes ao acto, permitindo formular preguntas e establecer conexións cos temas tratados.
Programa:
16:00 - Recepción
16:30 - Presentación da xornada e do programa de titorías
Presidente da AMIT-Gal, representante da AMTEGA
17:00 - 17:40
Ciencia e empresa - Sons submarinos - Medicina personalizada - Aprendizaxe e tecnoloxía - Láseres na conservación do patrimonio
17:40 - 18:10
Produtos da enxeñaría naval - Emprendemento baseado na ciencia - Antropoloxía e tecnoloxía - Vocacións STEM
19:30-20:00 - Peche da xornada