Webinar: “Atopar traballo na era COVID19”, con Edelmiro Calvar
29 de octubre de 2023
A procura de emprego tivo o seu oco no ciclo de webinars que dende Startup Galicia organizamos co fin de compartir coñecemento e experiencia con toda a comunidade emprendedora galega.
Para falarnos de técnicas, estratexias e recursos para a procura de emprego nesta época tan cambiante que estamos a vivir, contamos coa acreditada experiencia de Edelmiro Calvar, galego residente en Michigan (EEUU), titulado en recursos humanos pola Universidade de Michigan e que conta cun Global Executive MBA de IE. Edelmiro ten experiencia no deseño de procesos de contratación a nivel executivo, tendo traballado para o departamento de recursos humanos dunha multinacional no proceso de selección de miles de persoas.
Os contidos expostos por Edelmiro baseáronse na súa propia experiencia e na consulta a especialistas en recursos humano de empresas con Google ou Glassdoor. Durante toda a súa intervención, Edelmiro resaltou a importancia do CV e o perfil de Linkedin na procura de emprego. A parte destas ferramentas, a súa intervención serviu para poñer de manifesto a importancia de preparar ben a entrevista de traballo e de construir redes de contactos.
Preparar a entrevista de traballo
Respecto á entrevista, Edelmiro remarcou a necesidade de que cada persoa busque os adxetivos que a definen como traballadora. Para tal fin, aconsellou reflexionar sobre as propias fortalezas e debilidades e os valores. Deste proceso obteranse 3-4 adxetivos que se deberán recoller nas cartas de presentación, no CV, no perfil de Linkedin e no elevator pitch de presentación. Así mesmo, outra tarefa a realizar é redactar e memorizar unha frase (breve) que nos defina así como outra de peche que impacte á persoa entrevistadora.
Edelmiro tamén insistiu na necesidade de tecer redes de contactos, antes mesmo de iniciar a procura de emprego. Entre os perfís cos que se aconsella contactar están os de dirección e os das persoas que xa traballan na empresa.
Á hora de tecer esta rede, é fundamental achegar valor a estas persoas, ofrecer axuda ou compatir obxectivos con eles. O contacto directo con estas persoas, a través de correo electrónico e sempre dende a educación e o respecto, pode ser tamén un bo xeito de crear contactos e aumentar as posibilidades de que xurda unha oportunidade laboral.
Afinar o currículo
No tocante ao CV, é aconsellable indicar os logros (en forma de número) e explicar brevemente como se conseguiron, en forma de listaxe breve (non máis de 5 puntos). Ademais, á hora de indicar o posto que se quere desempeñar, cómpre indicar conceptos “estándar” (como por exemplo, “desenvolvedor web junior”) para mellorar o posicionamento nos buscadores.
Estas palabras clave son fundamentais xa que moitas empresas (especialmente, as grandes) empregan ferramentas informáticas para seleccionar os CV que lles entran. Estas ferramentas coñécense co nome de ATS (Applicant Tracking Systems) e escanean os CV buscando as palabras clave que se lle indica. Por tal motivo, á hora de preparar o CV é necesario empregar tanto abreviacións como palabras enteiras (como por exemplo, se escribimos “especialista en SEO (Search Engine Optimization)”), utilizar nomes de sección estándar (como por exemplo, “experiencia laboral”) e non abusar de palabras clave (xa que o CV pode ser rexeitado por este motivo).
Sacándolle partido a Linkedin
No caso concreto do perfil de Linkedin, é fundamental ter cuberta a sección “Sobre min”, sendo aconsellable presentar a información en forma de listaxe con puntos, en vez de en texto longo. Tamén é importante revisar a información introducida en “localidade”, xa que as empresas teñen limitado o radio de distancia no que poden buscar candidat@s. Así pois, cando unha persoa busca emprego, debe indicar a localidade na que lle gustaría traballar, para así aparecer nos resultados da búsqueda que fagan as persoas reclutadoras.
Seguindo con Linkedin, a necesidade de crear redes de contacto para xerar novas oportunidades laborais, aplica tamén a esta rede social. Cada persoa debe seguir ás empresas nas que lle gustaría traballar (d´bese facer unha lista de 10-15 empresas, ordeadas de maior a menor preferencia), estar atenta ao contido que publica, e conectar coas persoas que traballan na mesma.
Ferramentas para atopar emprego
Despois destes consellos para preparar as ferramentas necesarias para atopar emprego, Edelmiro enumerou algunhas páxinas que mostran as empresas que están contratando actualmente, entre as que se atopa a útil ferramenta de jobscan.
Así pois, a intervención de Edelmiro foi unha hora intensa en contido e calidade do mesmo. Co fin de poder achegalo a todas as persoas posibles, contamos coa colaboración de Edelmiro, quen nos fixo chegar a súa presentación íntegra. Podes decargala aquí.
Startup Galicia
A túa comunidade en Galicia