Startups polo miúdo: Ruta N-VI, o roadtrip definitivo pola histórica estrada N-VI entre Madrid e A Coruña

9 de julio de 2024

Se algo temos claro nesta terra e que aquilo que non se comunica, moitas veces non existe. Por iso queremos poñer o foco no máis importante desde ecosistema: as persoas e os seus proxectos. As persoas  emprendedoras que están a traballar por revolucionar o panorama coas súas ideas innovadoras.

Desta volta tocoulle o turno a Ruta N-VI, o roadtrip definitivo pola histórica estrada N-VI entre Madrid e A Coruña e un proxecto gañador de TURISLAB. Falamos cos seu co-fundadores Silvia Vázquez Lorenzo e Xosé Ramón Nóvoa e contámosche todos os segredos.

1. E logo... que?  Describe cunha frase a túa startup

[Ruta N-VI]: Pois levamos 1 ano atraendo road trippers de Madrid á Coruña que viaxan de forma lenta gozando de gastronomía típica, natureza cambiante, xente e lugares únicos... a través dunha estrada histórica de 600 km que remata no faro milenario da Torre de Hércules fronte á inmensidade do Océano Atlántico. En Madrid falan de que somos a nova Ruta 66 á española... nos cremos que o roadtrip pola N-VI é único ;).

2. E vos de quen vides sendo? Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados....

[Ruta N-VI]: Ainda que logo se sumaron distintas persoas ó proxecto, Silvia Vázquez e Xosé Ramón Nóvoa somos os fundadores da startup Ruta N-VI.

Coñecímonos traballando na primeira redacción dixital internacional creada en España, Xanela.com aló polo ano 2000. Dende entón traballamos en comunicación, publicidade e marketing... no caso de Xosé Ramón creando axencias como Chewaca e Silvia dirixindo marketing en compañías como IKEA ou Trison.

No 2020 fomos premiados en TURISLAB (Aceleradora Turística da Xunta de Galicia) logo de decidir que non podía ser que milleiros de persoas fixeran turismo pola Ruta 66 gozándoa con paraxes abandonadas que consideran icónicas e que en España non fixéramos o mesmo, especialmente nunha estrada con historia -a súa configuración actual cumpre agora 85 anos- pola que pasaron milleiros de persoas desde que era unha calzada romana e que hoxe vemos con melancolía. É certo que a chegada da autovía mudou moitas cousas, pero a N-VI clásica está chea de propostas impresionantes, unha sorpresa kilómetro a kilómetro. Unimos forzas, e aquí seguimos!.

3. Outra vaca non millo. Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?

[Ruta N-VI]: As grandes propostas turísticas en Galicia semellan estancadas e desde hai 30 anos son prácticamente as mesmas con pequenas variantes. Nós queríamos aportar algo novo que existe xa en Portugal coa Rota N2 ou mesmo en Escocia coa mítica NC500. O turismo de estrada non está nada explotado nin en Castela-León nin en Galicia e obviamente tampouco en Madrid.

Decidimos abrir un novo producto turístico para un público que o demandaba... nun momento que aumenta o turismo por estrada no país, segue a medrar o aluguer de autocaravanas... De paso, a Ruta N-VI ten un obxectivo moito máis ambicioso, que é axudar a devolver a vida á "España vaciada" cun novo fluxo turístico respectuoso e sostenible que contribuirá a desenvolver económicamente a zona e fará emerxer nova actividade e asentamento de poboación a carón da N-VI.

4. Malo será que non academos... Próximos pasos. Que obxectivos tedes? 

[Ruta N-VI]: Desexamos recibir ao noso viaxeiro/a 1.000 na Coruña este ano e que sexa o punto e seguido para un feixe de novos servizos directos ás persoas en ruta. Tanto que poidan ter una relación moito máis automatizada con nós e que poidamos aproveitar o seu seguimento para ofertar unha mellor experiencia.

Este ano será o de chegar a todas as administracións e principais empresas ao longo dos km. da ruta. Hai moito traballo en 3 comunidades, 8 provincias e máis de 70 municipios de xeito directo.

Os recursos públicos para chegar así a un meirande público como a inmersión no mercado privado -agora que xa temos moitas cifras- son fundamentais para o futuro deste ilusionante producto turístico. Lanzaremos a nova web e o ecommerce, incrementando tamén os puntos de venda físicos dos productos licenciados Ruta N-VI. Ademáis, o Pasaporte, queremos que sexa unha ferramente moi potente de fidelización. Que saibas que con él na man, terás máis portas abertas ás experiencias inéditas..

5. Cantos cartos tedes no banco? Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :)

[Ruta N-VI]: Malia que temos distintos patrocinadores, clientes e distintas administracións que invertiron xa no proxecto, temos menos diñeiro do que sería óptimo -¿hai algunha startup que non diga isto?- porque somos bastante ambiciosos e sabemos que o noso mercado principal está en España, pero este ano arrincamos a nosa internacionalización por Europa e de aí ao mundo.

O noso plantexamento en clave bootstraping ten un final próximo. A dimensión da empresa medra e agora xa temos perfiladas as liñas de traballo que en decembro de 2021 cando recibimos o premio da aceleradora de proxectos turísticos da Xunta, Turislab ainda non tiñamos.

O plan é captar inversión para medrar, establecer acordos con diferentes partners do sector e así emprender una senda de crecemento de carácter exponencial. Estamos no momento perfecto para ir a una primeira rolda.

6. Na miña terra, faise así. Cales son os vosos valores? Traballo a distancia ou en persoa? Como calidades do talento?

[Ruta N-VI]: Ser un servizo, un producto turístico, fai máis doada a forma de traballar. A nosa sede no Pazo de Arenaza -a carón da N-VI- é un excelente coworking pero a meirande parte do noso traballo podémolo facer desde casa, en ruta ou onde coincida, incluídas reunións de traballo fóra da oficina. Falar coa nosa xente de deseño, contidos ou de calquera departamento é posible se hai boa conexión a Internet.

A nosa startup é un tanto singular e eso fai que toda a xente coa que traballamos adoite ter unha alta motivación ou un plantexamente moi constructivo á hora de diversificar tarefas. Ten que ser así e máis cando arrincas de cero un proxecto. Da servilleta a go to market :)

7. Son máis listos ca un allo... Un emprendedor de referencia que admiras. Porque? Unha startup galega que recomendas. Porque?

[Ruta N-VI]: ... pero hai motísimos allos, dígocho de verdade! É moi difícil pensar nun emprendedor de éxito sen caer en tópicos pero cando levas anos movéndote no ecosistema startapeiro galego -e español- quedas impresionado pola gran creatividade que atopas en Galicia con moreas de propostas moi ambiciosas e creativas incluso en sectores maduros.

Non sei se o segredo é facer mobilidade eléctrica, un novo cultivo de algas ou atopar a día de hoxe nicho na contorna da programación pero todo esto existe e ten éxito. Se depende da materia gris, semella que hai futuro empresarial en un lugar como Galicia, desfavorecido históricamente pola súa posición periférica.

8. A camiño longo, pasos pequenos. Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?

[Ruta N-VI]: Ruta N-VI, é un producto turístico de longo percorrido (somos conscientes e máis vendo como son necesarios entre 5 e 10 anos -en casos moi similares- para que unha iniciativa así se asente no público vacacional), pero nós somos moi áxiles e inquedos :) Co noso crecemento orgánico en ruteiros, debe chegar a inversión necesaria para acompañar o dimensionamento da compañía. Atención ao cliente, dinamización de comunidades... e moitos máis departamentos do organigrama teñen que crecer para acompañar un proxecto que quere chegar a ser unha das vías de atracción turística por estrada a Galicia máis relevantes.

A carta aos Reis Magos sería ter maior acceso ao investimento, que sexa máis doado chegar a inversores, entidades financieiras, administración pública... de forma que a aposta polo talento fose clara e non se perderan grandes proxectos polo camiño, froito do agotamento por loitar nun sistema que non sempre flúe de xeito sinxelo para os que teñen a forza de saír ao mercado con boas ideas. No caso do sector turístico, o obxectivo das inversións aínda é moi clásico, como investimento en sector inmobiliario, mobilidade clásica, hostelería... sería fantástico ter unha apostas por servizos innovadores e nova economía.

Moitas grazas Silvia e Xose Ramón por participar e facer parte de este ecosistema en crecemento!

Volvemos a vindeira semana con outro protagonista, se queres aparecer neste espazo de ''Startups para o Menudo'' contacta connosco en info@startup.gal

Startup Galicia

A túa comunidade en Galicia

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal