Startups polo miúdo: Mentiness, people analytics e saúde mental para empregados
28 de octubre de 2024
As startups galegas tocan moitos ámbitos, nos que innovan e propoñen enfoques diferentes a problemas reais. Nós queremos que todas teñan visibilidade e cas entrevistas de "Startups polo miúdo" poñemos foco no máis importante deste ecosistema: as persoas e os seus proxectos.
Hoxe estamos a falar Mentiness, proxecto centrado en medir e mellorar o benestar das personas, tanto no seu ámbito personal coma no seu rol como emprengados, aportándolle valor á empresa ó mesmo tempo. Conversamos con Javier Serrano, o seu fundador, para coñecer máis detalles.
1. E logo... que? Describe cunha frase a túa startup
[Mentiness]: É unha plataforma de People Analytics e benestar psicolóxico para empresas
2. E vos de quen vides sendo? Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados....
[Mentiness]: Eu traballaba como CTO en Diariomotor e en Menéame.net, e tanto Óscar de Miguel como Daniel Seijo (propietarios de ambos proxectos) sempre me animaban a crear algo relacionado coa psicoloxía e a saúde mental.
Así que, unha vez moldeada a idea, o primeiro que fixen foi buscar unha psicóloga, e aí é onde aparece Rebeca Calvo Barros. Agora estamos un pouco dispersos, pero arrancamos dende Santiago de Compostela.
3. Outra vaca non millo. Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?
[Mentiness]: Existen moitos retos dentro da saúde mental, pero o acceso a servizos básicos é o principal. Quixemos abordar esta problemática dende as organizacións, facéndolles ver como afecta a saúde mental non só ao nivel da cultura e do compromiso dos empregados, senón tamén na produtividade e nos custos.
4. Malo será que non academos... Próximos pasos. Que obxectivos tedes?
[Mentiness]: Agora mesmo estamos desenvolvendo integracións cos softwares de RRHH para obter datos como rotacións, baixas, roles, etc., e cruzalos cos nosos datos de benestar emocional para crear alertas e paneis de control que axuden a entender mellor que accións son prioritarias e impactan no negocio.
Ao mesmo tempo, estamos creando subprodutos específicos como LeIA, un simulador de conversas “incómodas” para adestrar a comunicación dos managers.
5. Cantos cartos tedes no banco? Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :)
[Mentiness]: Ata agora fixemos dúas pequenas roldas (2023 e 2024), sobre todo con business angels, e este mes comezamos unha rolda orientada a algún fondo que nos poida aportar valor.
6. Na miña terra, faise así. Cales son os vosos valores? Traballo a distancia ou en persoa? Como calidades do talento?
[Mentiness]: Temos un enfoque claro para resolver o problema da saúde mental, pero creando unha solución que sexa sostible e ética. Pagamos o prezo de mercado aos nosos psicólogos e, á hora de integrar a IA, temos moito coidado en como facelo.
No equipo interno traballamos moito a comunicación, que é a base para construír un entorno de confianza. Apostamos por un modelo híbrido de traballo onde a persoa pode elixir cando teletraballar, ao mesmo tempo que organizamos espazos para podernos reunir e traballar xuntos.
7. Son máis listos ca un allo... Un emprendedor de referencia que admiras. Porque? Unha startup galega que recomendas. Porque?
[Mentiness]: Como emprendedores de referencia teño que mencionar a dous: Óscar de Miguel e Daniel Seijo de Diariomotor e Menéame.net. Eles ensináronme que si se poden crear modelos de traballo alternativos e un estilo de liderado diferente ao que estamos acostumados.
Startup galega: Teimas. Foron o noso primeiro cliente e son o noso caso de éxito de como integrar a saúde mental dentro do ADN da empresa. Como dixo Cristina Vázquez (CEO): “ás veces innovar é cambiar a forma na que coidamos aos nosos empregados”.
8. A camiño longo, pasos pequenos. Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?
[Mentiness]: Cando comezamos dende cero tivemos que aprender moito sobre termos que non coñeciamos en relación a investimentos, vendas, produto, etc. Gustaríanos saber do ecosistema que outros emprendedores se atopaban na nosa mesma fase para poder compartir e aprender xuntos.
Grazas, Javier, por compartir connosco o enfoque e a traxectoria do voso proxecto e desexamos que avance moi ben.
De seguido voltamos con máis proxectos e persoas emprendedoras para que nos falen dos mesmos. Queres aparecer neste espazo de ''Startups polo o Miúdo''? Contacta connosco en info@startup.gal
Startup Galicia
A túa comunidade en Galicia