Startups polo miúdo: Alén Space, creando satélites dende Galicia

2 de agosto de 2024

Se algo temos claro nesta terra e que aquilo que non se comunica, moitas veces non existe. Por iso queremos poñer o foco no máis importante desde ecosistema: as persoas e os seus proxectos. As persoas  emprendedoras que están a traballar por revolucionar o panorama coas súas ideas innovadoras.

Hoxe falamos con Antón Vazquez, co-fundador e xerador de negocios de Alén Space. Fanse satélites dende a nosa terra e hoxe imos a contarvos como o fan, as fases polas que pasaron e o que está por chegar.

1. E logo... que?  Describe cunha frase a túa startup

[Alén Space]:  En Alén Space deseñamos, fabricamos e operamos pequenos satélites.

2. E vos de quen vides sendo? Describir brevemente o equipo fundador e como se coñeceu, onde estades ubicados....

[Alén Space]:  O equipo fundador vimos do grupo de investigación da UVIGO liderado polo profesor Fernando Aguado. O equipo comezou en 2008 no ámbito dos pequenos satélites lanzando o primeiro Cubesat, un tipo de pequeno satélite, da historia de España no ano 2012. Dende ese momento ata xaneiro de 2019 que fundamos Alén Space o equipo lanza 5 satélites.

3. Outra vaca non millo. Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?

[Alén Space]:  O mercado do espacio está nun momento expansivo e cambiante, esta tendencia detectamola alá polo 2017 e decidimos que as capacidades que tiñamos dentro do equipo da UVIGO podría ser valorable en mercado. Viamos moito camiño no campo da provisión de pequenos satélites así como en solucións basada en radios definidas por software para satélites.

4. Malo será que non academos... Próximos pasos. Que obxectivos tedes? 

[Alén Space]:  Dende xuño de 2013, Alén Space forma parte do grupo GMV este movemento de unión foi tomado tendo en conta as enormes sinérxias que existen entre ambas compañías. Con este acordo o obxetivo e convertirnos en un dos líderes do mercado europeo de pequenos satélites.

5. Cantos cartos tedes no banco? Esta pregunta busca entender en que momento vos atopades: se fixechedes algunha rolda ou estades agora en rolda ou facedes bootstraping. A idea é que respondades unha horquilla ou que digades que agora mesmo "temos pasta porque fixemos a rolda en...." similar. Esto servirá para darvos visibilidade cos inversores :)

[Alén Space]:  A historia de financiación de Alén Space ten 3 fitos salientables, comezamos en xaneiro de 2019 con 60.000 € posto polos socios fundadores, con este diñeiro e con algúns pequenos proxectos chegamos a finais de 2019 onde pechamos unha rolda de inversión apoiados polo fondo de capital risco Beable Capital, Beable apoiounos con unha inversión de 1M€. Gracias a eses fondos poidemos conseguir financiación bancaria e afrontar o crecemento, durante o Covid, con garantías.

Seguimos crecendo e finalmente en xuño de 2013 en Alén Space damos entrada cunha participación maioritaria á multinacional GMV. Esta entrada ademáis de sinerxias industriales viu acompañada dunha nova ampliación de capital para afrontar os novos retos.

6. Na miña terra, faise así. Cales son os vosos valores? Traballo a distancia ou en persoa? Como calidades do talento?

[Alén Space]:  Os valores que creo que se viven dentro da compañía son: humildade, excelencia, crecemento a largo plazo, traballo ben feito, desarrollo personal. E digo estas frases en concreto porque son palabra por palabra as frases que un perfil senior que se uníu a compañia nos últimos meses escribiu de forma espóntanea tras un evento do equipo.

7. Son máis listos ca un allo... Un emprendedor de referencia que admiras. Porque? Unha startup galega que recomendas. Porque?

[Alén Space]:  Non son unha persoa mitómana, pareceme que hai xente marabillosa facendo cousas marabillosas por todos lados, cada un no seu entorno. Sen embargo se tivese que nomear algún emprendedor, nomearía a tres persoas Luis Mandayo, Adrián Sánchez Mandayo e Lorenzo Mandayo, fundadores de Lupeon e Dativic. Unhas persoas que son moi bos amigos meus e que comezaron moito antes de que eu escoitase a palabra startup nunca. Son xente que me acompañou e me acompaña e que agradezo a sorte que teño de ter amigos coma eles.


En canto a unha startup vou recomendar Orballo, unha compañía asentada no rural posicionandose nun sector ultracompetido e inda así crecendo e facéndose un oco no mercado das infusións, facendo producción empaquetado e imaxe de marca todo en interno e dende Paderne.

8. A camiño longo, pasos pequenos. Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?

[Alén Space]:  Masa crítica e clusterización da mesma, fai falta que haxa suficiente xente preto facendo cousas e falando entre eles, fai falta verse comunicar e axudarnos entre nós. Tamén fai falla tempo para que creza o sector e siga evolucionando.

Grazas, Antón, por falarnos da vosa empresa e por formar parte de este ecosistema en crecemento!

Volvemos a vindeira semana con outro protagonista, se queres aparecer neste espazo de ''Startups polo o Miúdo'' contacta connosco en info@startup.gal

Startup Galicia

A túa comunidade en Galicia

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal