Programas de axuda á internacionalización da Embaixada Británica

29 de octubre de 2023

O pasado mes, en Startup Galicia tivemos a oportunidade de conversar persoalmente con Cristina Monteiro, asesora en expansión internacional na Embaixada Británica en España.

Durante este encontro, trasladounos que o obxectivo do Departamento de Inversións da Embaixada Británica para o que ela traballa en Madrid é facilitar ás empresas españolas o seu establecemento no Reino Unido mediante servizos de axuda á internacionalización. Segundo indicou durante a conversa, este servizo é de balde para a empresa e confidencial.

De acordo co explicado por Cristina Monteiro, este servizo vai dirixido a empresas que mostren unha interese real por contar con presenza física en Reino Unido, por darse de alta no Rexistro Mercantil Británico e por ter alí, polo menos, unha persoa empregada baixo a filial. No que á presenza física se refire, esta pode ter a forma dunha oficina, local ou co-working. A estas empresas, o departamento de inversións da Embaixada Británica ofrécelles información e axuda para procurar o mellor emprazamento, coñecer o mercado, eventos e asociacións sectoriais, principais competidores, potencial noutras cidades, comparación de salarios e custe de vida entre cidades, así como axuda á exportación, axudando ás empresas españolas a medrar dende a súa filial en Reino Unido cara outros países.

Ademais, explicounos que o feito de que este servizo de expansión internacional sexa executado por un organismo gubernamental, dependente do goberno británico, permite acceder a outros servizos tales como a identificación de cadeas de suminsitro local e a aceleración de planificación e acceso á administración local. Cristina Monteiro concluiu a xuntanza facendo fincapé en que abrir unha filial no Reino Unido é máis barato e sinxelo ca en España; o mercado laboral é moi flexible e o Goberno británico está poñendo en práctica iniciativas para atraer inversión de calidade, como por exemplo un imposto de sociedades do 19%,o máis baixo do G20 e que baixara ó 17% en 2020. Tamén nos remarca que dende o Departamento de Comercio Internacional da Embaixada Británica en España non contan con servizos de procura de clientes, distribuidores ou socios senón que a súa axuda vai enfocada a facilitar a implantación da filial. Porén, é posible facilitarlles ás empresas instaladas en territorio británico, datos de empresas e institucións que si ofertan eses servizos.

Datos de contacto:  cristina.monteiro@fco.gov.uk . Tlf: 91 714 63 41.

Vídeo resumo dos servizos de internacionalización ofertados dende o Departamento de Comercio Internacional do Goberno Británico: https://www.youtube.com/watch?v=VNtE_fC-tGk

Startup Galicia

A túa comunidade en Galicia

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal