Hack a Boss - Aprende a programar

10 de julio de 2024

Dende Startup Galicia buscamos dar visibilidade ás iniciativas que nacen no seo do ecosistema e que constribúen a que este siga medrando. Con este obxectivo, nesta nova entrada do blogue damos a coñecer “Hack a Bos”, escola galega de programación que persegue achegar á programación a persoas de moi diversos perfís, tanto tecnolóxicos como non tecnolóxicos.

Que é?

Hack a BOSS é unha startup de nova creación e a primeira escola galega especializada en programación. Esta escola busca formar profesionais adaptados ás tecnoloxías e ás metodoloxías máis empregadas actualmente.Para quen?Non é preciso ter ningún tipo de coñecemento sobre programación para poder formar parte de Hack a BOS polo que os perfiles que poden estar interesados nesta formación son amplos:

  • Persoas emprendedoras do sector tecnóloxico na búsqueda do seu MVP (producto mínimo viable).

  • Persoas que xa programen pero que se queren reciclar en canto a tecnoloxías.

  • Persoas na procura dunha nova oportunidade laboral que proveña doutro posto profesional ou que se atope en búsqueda de emprego.

  • Persoas inquedas e curiosas ás que lles gusta estar aprendendo continuamente e queren seguir ampliando o seu coñecemento.

Como funciona esta escola?

A formación que se imparte ás persoas que forman parte de Hack a BOSS é de tipo presencial, en Coruña, podendo elixir o alumnado entre a modalidade a tempo completo (curso de programación full stack a tempo completo con 10 semanas de duración, luns a venres, de 9 a 18h ) o a tempo parcial (curso de programación full stack a tempo parcial con 16 semanas de duración, luns a venres, de 18:30 a 21:30h e os sábados de 10 a 18h).

Que tecnoloxias se impartirán?

O programa formativo que se imparte en Hack a Bos abrangue tanto deseño front-end como arquitectura back-end, baseándose en JavaScript e con tecnoloxías punteiras como Node.JS, Angular, React, PostgreSQL, GraphQL entre outras.Esta formación compleméntase coa formación noutras habilidades e capacidades non técnicas (as chamadas “softskills”). Deste xeito conséguese que, ao remate de Hack a Bos, os programadores e as programadoras junior non só sexan capaces de xerar código con rigor senón que conten tamén con capacidades comunicativas, de traballo colaborativo e de traballo en autonomía para incorporarse con éxito ao mercado laboral.

Que metodoloxía se emprega no formación de Hack a Bos?

Os cursos de programación de Hack a BOS están orientados sempre a proxectos, podendo ser estes realizados de xeito individual ou en equipo. Durante a formación, os proxectos realizados son publicados en GitHub para que as empresas poidan ver os seus progresosAo remate de Hack a Bos os proxectos realizados polo alumnado son presentados a outras empresas e startups nun Demo Day que marca o remate da formación.

Máis información sobre a iniciativa aquí.
Máis información sobre a formación aquí.

Startup Galicia

A túa comunidade en Galicia

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecositema galego.

Newsletter de Startup Gal