eSmorGa SG [edición Santiago de Compostela 2024]
14 de abril de 2024

A eSmorGa SG nace como unha oportunidade de afterwork diferente, na que poder coñecer a persoas con distintos perfís do ecosistema de emprendemento innovador galego. A misión destes encontros é fomentar o networking entre os membros do ecosistema para dinamizalo e cohesionalo. A idea é quedar nunha cidade galega distinta para cada edición.
Nesta V edición decidimos xuntarnos o xoves 18 de abril ás 19:00h no mercado da Galiciana, en Santiago, para tomar unhas cañas, ou o refrixerio que mais vos guste.
O custo será de 5 € por entrada, a fin de evitar ausencias de última hora e así xuntar ao maior número de xente posible (aparte invitamos a primeira consumición!)
Apetéceche tomar algo?
Vente de eSmorGa con Startup Galicia! Entrada e + info aquí.

Startup Galicia
A túa comunidade en Galicia