Damos visibilidade ás túas novidades
16 de octubre de 2023


A quen vai dirixido e con que limitacións
A todos os proxectos que conten con persoas socias en Startup Galicia (o 50% dos fundadores).
As novidades deben ser fitos importantes ou lanzamentos de relevancia para o ecosistema, non noticias puramente comerciais.
Xestionarase unha nota de prensa por startup e ano, para dar cabida a tódalas potenciais startups.

Cómo se realiza esta acción
Para realizar esta visibilidade, seguiremos esta metodoloxía:
Cubre o seguinte formulario, engadindo a nota de prensa, compartindo os logos do proxecto (salvo que xa foran compartidos).
Startup Galicia revisará a nota de prensa e engadirá unha pequena mensaxe pola colaboración, para visibilizar o aporte feito.
Posteriormente, realizaremos as diversas accións de visibilidade
Publicaremos a nota de prensa no blogue de Startup Galicia
Publicaremos esta nota de prensa nas nosas redes sociais (LinkedIn, Twitter, Facebook, etc).
Enviaremos a nota de prensa ós medios de referencia.
Na medida do posible, reportaremos o resultado da acción á startup.

Startup Galicia
A túa comunidade en Galicia