Startups polo miúdo: TheirStack axudan a empresas SaaS e de recruiting a atopar clientes potenciais
9 de julio de 2024
Se algo temos claro nesta terra e que aquilo que non se comunica, moitas veces non existe. Por iso queremos poñer o foco no máis importante desde ecosistema: as persoas e os seus proxectos. As persoas emprendedoras que están a traballar por revolucionar o panorama coas súas ideas innovadoras.
Desta volta tocoulle o turno a TheirStack, un proxecto que o seu propósito de axudar aos profesionais de vendas e marketing a atopar empresas que necesitan o que eles venden. Falamos cos seus co-fundadores Christian Palou e Xoel López para contarche todos os segredos.
1. E logo... que? Describe cunha frase a túa startup
[TheirStack]: En TheirStack axudamos a empresas SaaS e de recruiting a atopar clientes potenciais baseándose na tecnoloxía que empregan ou nos problemas e necesidades que teñen, que identificamos nas ofertas de emprego que publican.
2. E vos de quen vides sendo? Describe o equipo fundador e como se crea, onde se atopa.
[TheirStack]: Coñecémonos hai case tres anos no co-working de StartupGalicia na Coruña e aí seguimos. Jaime Novoa presentounos cando eu (Christian) traballaba para ManoMano e Xoel López levaba dous anos en TheirStack.
Co tempo, fixémonos amigos e empecei a axudar a Xoel con TheirStack un par de horas polas tardes durante uns meses, ata que finalmente me unín ao proxecto. Pódese dicir que é a primeira startup que nace no co-working de StartupGalicia.
3. Outra vaca non millo. Cal era o problema que querías resolver cando lanzaches o proxecto?
[TheirStack]: Xoel creou un canal de Telegram para recibir ofertas de emprego de interese, recompilando ofertas de distintas fontes. Chegou a ter máis de 70 canles de Telegram para distintos roles e máis de 11.000 subscritores, pero atopou dificultades para monetizar.
Descubriu que publicar unha oferta de emprego é unha sinal moi forte de que unha empresa ten un problema, e esta información é valiosa e pode utilizarse de moitas formas. Co tempo, Xoel comezou a pensar en como pivotar intentar vender estes datos a empresas, e extraer información de tecnoloxías das ofertas.
O primeiro cliente da idea actual de TheirStack foi fundador de Polytomic, un SaaS que axuda a sincronizar ferramentas de datos e de negocio. Querían saber quen usaba Snowflake, Redshift ou BigQuery, e Hubspot ou Salesforce.
4. Cantos cartos tedes no banco? Esta pregunta busca entender en que momento te atopas: se arranxaches algún rolo ou estás agora en rolo ou afrontando o arranque. A idea é que respondas cun garfo ou que digas que agora mesmo "temos cartos porque arranxamos o rodillo en...." semellante. Isto servirá para dar visibilidade aos investidores :)
[TheirStack]: Levamos facendo bootstraping desde o inicio e, de momento, seguiremos así. O comezo foi duro porque foron moitos meses sen cobrar e sen ter claro de que o que estabamos facendo tiña sentido.Conseguir ter un porcentaxe moi alto dos datos de todas as empresas e ofertas do mundo, e poder crear un producto cunha boa experiencia de usuario levou tempo e recursos.
Agora o foco está en seguir mellorando o producto, en manter ós clientes actuais contentos e en seguir crecendo. Somos rentables e queremos seguir mantendo o equipo pequeno para ser máis áxiles e capaces de responder rapidamente ás necesidades do mercado..
5. Malo será que non academos... Próximos pasos. Que obxectivos tes?
[TheirStack]: Sendo sinceriros non temos un gran roadmap con milestones e obxetivos. Vamos balanceando os obxetivos en base ao cuello de botella que teñamos nese momento: atracción, activación ou retención. En canto a MRR, gustaríanos acabar entre 15-20x vs o ano anterior.
6. Na miña terra, faise así. Cales son os teus valores? Traballo a distancia ou en persoa? Como calidades do talento?
[TheirStack]: Os valores de TheirStack. están en definición, pero hai frases roubadas de outras empresas coas que simpatizamos e que definen a forma na que traballamos: "Done is better than perfect", o "Speed wins" de Tinybird, o "Let's do the simplest first" de Facebook...
TheirStack non teria nacido sen o traballo presencial cando nos conocimos no coworking StartupGalicia Cremos que ir rápido e alineados nun equipo grande remoto é máis difícil que nun equipo presencial, e este un dos motivos polo que queremos seguir sendo unha empresa pequena, con xente con skin in the game e motivada durante moito tempo.
7. Son máis listos ca un allo... Un emprendedor de referencia que admiras. Porque? Unha startup galega que recomendas. Porque?
[TheirStack]: Para nós é unha honra traballar cada día rodeados de xente como Jaime Novoa, David Pombar, Sandra Castro, Moisés Vilar, Marta Otero, Alejandro de Caneda, Diego Mariño… Diego non o sabe, pero deste post que escribiu en 2020 en parte naceu TheirStack.
Ó fío dese post, o exemplo de BuiltWith facturando decendas de millóns ó ano, por unha única persoa e bootstrapeando é unha referencia para nós. E tamén empresas VC-backed como Tinybird ou Arengu en Galicia o son, intentamos inspirarnos do mellor que fai cada empresa para mellorar tamén nós.
8. A camiño longo, pasos pequenos. Carta aos Reis Magos: Que falta no ecosistema emprendedor galego?
[TheirStack]: Para nós é sinxelo: xuntarse máis, xa sexa con eventos como o NosDay, ou de forma máis informal, tanto para traballar en calquera dos coworkings de StartupGalicia en Coruña, Santiago... como para tomar un café o unhas cañas despois de traballar.
Moitas grazas a Xoel López e Christian Palou por participar e facer parte de este ecosistema en crecemento
Volvemos a vindeira semana con outro protagonista, se queres aparecer neste espazo de ''Startups para o Menudo'' contacta connosco en info@startup.gal
Startup Galicia
A túa comunidade en Galicia