Xestión do Modelo de Financiamento da Formación Profesional para o Emprego ante FUNDAE

Apúntate

Aprende a xestionar o crédito de formación subvencionado de forma segura e eficiente

A Formación Programada por empresas, tamén coñecida como formación subvencionada, permite ás empresas investir na formación profesional dos seus traballadores co obxectivo de desenvolver as súas competencias e cualificacións. Para iso, as empresas dispoñen dun crédito anual para a formación dos seus traballadores mediante a aplicación de bonificacións á Seguridade Social, que perden ao final do ano se non o consumen . Este crédito permítelles recuperar parcial ou totalmente o investimento en formación a través do sistema de bonificación que ofrece FUNDAE.

A formación que se financia a través destas axudas abrangue accións formativas de empresas e permisos individuais de formación, e ten como obxectivo dar resposta ás necesidades específicas de formación plantexadas polas empresas e os seus traballadores.

Este curso ten como obxectivo proporcionar aos asistentes a formación teórico-práctica necesaria para xestionar con calidade e seguridade o modelo de bonificación FUNDAE , aproveitando ao máximo o crédito formativo ao que dispón a súa empresa.

Modalidade Videoconferencia en tempo real
Duración 10 horas
Datas 23, 24 e 25 de abril de 2024
Horario

Días: 23 e 24 de 11:00 a 14:00 horas
Día: 25 de 10:00 a 14:00 horas.

Comparte este artigo

Detalles

Data:

4/23/2024

Hora:

11:00 pm

-

2:00 pm

Categoría do Evento:

Heading

Páxina Web

https://www.feuga.es/cursos/gestion-del-modelo-de-financiacion-de-la-formacion-profesional-para-el-empleo-ante-fundae/

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecosistema galego.

Novas recentes en Startup Galicia

¿Queres saber o que está a pasar?