Oportunius: Taller de preparación de propostas ERC 2024-2025

Apúntate

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).

Este Programa organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas e ofrece a potenciais candidatos servizos de asesoramento e revisión de propostas.

O 23 de abril celebrarase un taller presencial que ten como obxectivo familiarizar aos participantes coas convocatorias do European Research Council (ERC) previstas para o 2024-2025, integradas no Pilar I do Programa Horizonte Europa. O taller será impartido por Stewe Bekk e Malte Beringer, científicos cunha dilatada experiencia na preparación e asesoramento de propostas do ERC. Tamén participará Olalla López, investigadora do CRETUS da Universidade de Santiago de Compostela, que conta cunha Consolidator Grant (2022).

Para calquer consulta pódese contactar no teléfono 981 337 115 ou no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal

Lugar: FEUGA. Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n Campus Vida, Santiago de Compostela, A Coruña

Prazo de inscrición: ata o 17 de abril de 2024 as 14:00 horas.

Comparte este artigo

Detalles

Data:

4/23/2024

Hora:

10:00 am

-

6:00 pm

Categoría do Evento:

Heading

Páxina Web

http://gain.xunta.gal/eventos/621/oportunius+taller+preparacion+propostas+erc+2024-2025

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecosistema galego.

Novas recentes en Startup Galicia

¿Queres saber o que está a pasar?