Electrificación do transporte urbano de viaxeiros

Apúntate

Temos o pracer de convidarvos a participar na xornada “Electrificación do transporte urbano de viaxeiros” que se celebrará na nosa sede de Vigo. Nela exploraremos o que están a facer as empresas do sector do Transporte Urbano de Pasaxeiros e as administracións para reducir as emisións nas cidades e gañar competitividade en Galicia.

Sectores como a construción, a industria ou o transporte están a analizar como aproveitar as enerxías renovables para descarbonizar os seus procesos, reducindo así os seus custos enerxéticos. E no caso do transporte urbano de viaxeiros , esta tendencia é aínda máis clara, porque a electrificación directa é a solución máis limpa, eficiente e económica. Nesta xornada contaremos con empresas, fabricantes e axentes que compartirán a súa experiencia, os resultados que están a ter, as súas recomendacións á hora de planificar de forma eficiente a electrificación do transporte urbano nunha vila e as súas demandas para facilitar o desenvolvemento dos seus plans.



Será unha oportunidade única para aprender e establecer relacións que nos axuden a ter unha visión máis ampla de cara a onde vai a industria en Galicia.

VER/DESCARGAR PROGRAMA

Comparte este artigo

Detalles

Data:

4/23/2024

Hora:

9:30 am

-

1:00 pm

Categoría do Evento:

Heading

Páxina Web

https://circulo.gal/categorias/electrificacion-del-transporte-urbano-de-viajeros/

Suscríbete as novidades de Startup Galicia

Recibe cada mes no teu correo as novidades máis importantes do ecosistema galego.

Novas recentes en Startup Galicia

¿Queres saber o que está a pasar?