SOBRE NÓS 

Nós somos Startup Galicia, unha comunidade de persoas emprendedoras  que busca ser o elemento catalizador dos cambios que permitan impulsar o ecosistema galego de startups para que Galicia chegue a ser un polo de emprendemento e innovación de talla mundial. 

Nos últimos seis anos, Startup Galicia centrou os seus esforzos en realizar accións que permitiran a conexión das diferentes persoas e entidades que forman parte da comunidade emprendedora galega a través do Furancho, a nosa Newsletter semanal, o mapa de startups e numerosos eventos formativos e de networking.

 

Dado o crecemento experimentado polo ecosistema galego nos últimos anos e o potencial que existe para labrar e moldear un novo e mellor futuro para o tecido empresarial e laboral galego, cremos que é o momento idóneo para contribuir aos propósitos e estrutura de Startup Galicia, achegando a persoas afíns a nós e ao noso proxecto.

Qué queremos conseguir?

Dotar ao noso ecosistema dunha ferramenta asociativa potente ao servizo das persoas emprendedoras e apoiar proxectos innovadores no territorio galego.

Ser os embaixadores do ecosistema galego polo mundo, atraendo proxectos, talento e investimento internacional, á vez que mantemos o que xa hai en Galicia.

Referentes para todas aquelas persoas que queren emprender en Galicia

Que facemoS?

O ecosistema innovador galego presenta características especiais, xa que non é un ecosistema centralizado nunha única cidade, senón que é un ecosistema que chega ata todos os recunchos de Galicia. Esta realidade única do ecosistema galego require de solucións únicas para o mesmo. Esa é a nosa razón de existir, xa que ante os obstáculos únicos, nós decidimos tirar de creatividade e compañeirismo. Gustaríache colaborar activamente coa nosa causa?

 

Por unha cota de 60 euros ó ano podes formar parte da familia de Startup Galicia. Coa túa colaboración non só apoias a continuación do noso traballo, senon que tamén conseguirás numerosos beneficios nos eventos organizados por Startup Galicia. 

 

Queres saber máis?

Únete a Startup Galicia