Furancho Open Space

Furancho Open Space

Levamos meses argallando para crear un debate entre todo o ecosistema para falar dos retos que teñen por diante as startups e as empresas TIC na nosa terra. Queriamos facelo nun lugar especial, en formato Open Space, pero de xeito presencial non vai poder ser. Pero, iamos quedar coas ganas? Diso nada. 

Por que non facelo agora de manera online? Non pode ser tan complicado 😉 O próximo día venres 24 de abril, pola tarde, celebraremos o Furancho Open Space virtual. Será pola tarde e durará, aproximadamente, 2:30h.

En que consistirá e por que me vai interesar? Primeiro, porque todas as persoas que asistades poderedes ser poñentes e asistentes, achegando o voso punto de vista a todos os temas que vos interesen. Segundo, porque os temas a tratar serán os elexidos por todos e todas vós. E terceiro, porque o faremos áxil, en formato de pequenas charlas de 45 minutos, propostas e elixidas por vós. Este é o plan:

  1. Propoñendo ideas: coa entrada poderedes suxerir unha serie de cuestións a debatir dentro do tema “vindeiros retos das startups e empresas TIC en Galicia”.
  2. Democratizando o debate: a vindeira semana enviaremos unhas enquisas para que votedes, de entre todos os temas propostos, os que máis vos interesan.
  3. Organizando charlas: en función dos votos, meteremos as charlas en dous bloques, polo que haberá dúas charlas simultáneas (catro en total). De entre estas dúas poderedes asistir á que máis vos interese.  
  4. O evento: tras a conexión inicial que faremos, compartiremos convosco a programación das charlas e explicaremos como vos podedes sumar ás mesmas.
  5. Sorpresas e networking: ao rematar os tracks teremos una sorpresiña e logo faremos, para quen lle apeteza, un chisco de networking 🙂

Que vos parece? Pinta ben, non si?! De seguro que pasaremos un moi bo rato opinando, compartindo e aprendendo. Entre todos/as, vainos quedar un evento ben xeitoso. Contamos contigo! Isto arranca o 24 de abril as 16:00 a partir dun enlace de Google Meet que vos faremos chegar 🙂 

Inscríbete (de balde) aquí: https://www.eventbrite.es/e/entradas-furancho-open-space-online-102886165290

Graciñas por asistir!

startupgal
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.