Xornada On-line: Location Intelligence

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada On-line: Location Intelligence

Novembro 17 @ 9:00 AM - 11:30 AM

CIS Tecnoloxía e Deseño promove en 2022 un ciclo formativo de varias actividades, dirixidas especificamente a incrementar o coñecemento das empresas. A última actividade deste ciclo ten como tema principal os xeodatos e como aplicalos para mellorar a produción empresarial e ó márketing online.

A Location Intelligence ou xeolocalización de activos de interese empresarial é unha vertente do Business Intelligence que introduce o compoñente xeográfico na análise de datos.

Hoxe en día unha gran parte dos datos están vinculados a localizacións físicas e momentos no tempo. Neste contexto a localización deixa de ser un mero conector entre diferentes fontes de datos, para converterse nun elemento crítico para resolver problemas empresariais e descubrir novas oportunidades.

A Location Intelligence pode axudar ás súas organizacións a detectar tendencias, adiantarse aos competidores e tomar decisións máis intelixentes.

Este taller será impartido por María Ramos Sanz e Susana Serantes.

  • María Ramos é enxeñeira de montes especializada en sistemas de información xeográfica, conta cunha traxectoria de 20 anos como experta independente ao servizo de administracións públicas e empresas.
  • Susana Serantes é licenciada en dereito con máis de 20 anos de experiencia en consultoría nas áreas de comercio exterior, desenvolvemento económico, industrialización e turismo.

Detalles

Data:
Novembro 17
Hora:
9:00 AM - 11:30 AM
Categoría do Evento:
Páxina web:
http://gain.xunta.gal/eventos/521/xornada+on-line+location+intelligence

Recinto

Online event