XORNADA ON LINE DE PRESENTACIÓN DO PROGRAMA “ACTIVA STARTUPS”

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

XORNADA ON LINE DE PRESENTACIÓN DO PROGRAMA “ACTIVA STARTUPS”

27/05/2022 @ 10:00 AM - 12:30 PM

A Secretaria Xeral de Industria e PEME do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e o IGAPE presentan ao ecosistema empresarial e emprendedor de Galicia a convocatoria do programa “Activa Startups”.
O obxectivo do programa é o desenvolvemento de proxectos de colaboración entre pemes e startups, que sirvan para impulsar o seu crecemento empresarial. As axudas, en forma de subvención, permitirán ás empresas facer fronte aos custos derivados do proceso de innovación. En concreto, o importe máximo establecido por cada peme beneficiaria é de 40.000€.
Esta convocatoria está dirixida a pemes galegas de calquera sector. Se a túa empresa ten un reto que se pode solucionar a través da colaboración cunha startup, non te perdas esta sesión na que che explicaremos como funciona a liña de axudas Activa Startups.
Activa Startup é unha iniciativa do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, co financiamento de NextGeneration EU, e que conta coa colaboración do IGAPE.

Accede á xornada de presentación a través desta ligazón: https://us06web.zoom.us/j/89715862302?pwd=aHhwWGg4ZkNTMGJUTnh0bnpBaW9Rdz09
ID de reunión: 897 1586 2302
Código de acceso: 574854

PROGRAMA
Benvida
Fernando Guldrís, director xeral do IGAPE
Jordi Llinares, subdirector xeral de Dixitalización da Industria e Contornas Colaborativos no Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Presentación convocatoria de axudas a pemes Activa Startup, Programa da Secretaría Xeral de Industria e Peme no Marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Rolda de preguntas

Detalles

Data:
27/05/2022
Hora:
10:00 AM - 12:30 PM
Categoría do Evento:
Páxina web:
https://us06web.zoom.us/j/89715862302?pwd=aHhwWGg4ZkNTMGJUTnh0bnpBaW9Rdz09

Recinto

Online event