Xornada Informativa Programa Bonos de Innovación

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada Informativa Programa Bonos de Innovación

28/06/2022 @ 9:00 AM - 10:00 AM

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), celebran o próximo 28 de xuño unha xornada informativa para presentar a nova convocatoria Programa Bonos de Innovación.

O obxectivo desta xornada é presentar a nova convocatoria e dar a coñecer os requisitos e características da mesma, resolver as dúbidas e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades.

Este programa vai dirixido a pemes (micro, pequena e mediana empresa con centro de traballo en Galicia), que realicen actividades de innovación que poidan levar a cabo de maneira inmediata a través da contratación de servizos profesionais externos aos axentes de innovación para alcanzar un salto cualitativo e cuantitativo na súa actividade de I+D+i a curto prazo e repercutan directamente na capacidade para dar resposta aos retos actuais das empresas a través da innovación.

Detalles

Data:
28/06/2022
Hora:
9:00 AM - 10:00 AM
Categoría do Evento:
Páxina web:
http://gain.xunta.gal/eventos/500/xornada+informativa+programa+bonos+innovacion

Recinto

Confederación de Empresarios de Lugo (CEL)
Praza de Santo Domingo, 6, Planta 2ª
Lugo, Lugo 27001 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982231150
Ver a Páxina Web do Recinto