
- Este evento pasou.
Xornada CDTI-Axencia Galega de Innovación
23/06/2022 @ 11:30 AM - 2:30 PM
O vindeiro 23 de xuño organizamos, en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), unha xornada de presentación das liñas de axuda do organismo estatal á I+D+i empresarial. Así mesmo, explicaranse as axudas do Consello Europeo de Innovación e as sinerxias entre as axudas da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia e do CDTI. O evento, que inaugurarán Patricia Argerey, en representación da Xunta, e Juan Antonio Tébar, en representación de CDTI, terá lugar na sede terá lugar na sede da Axencia Galega de Innovación en horario de 11:30 a 14:30 horas.