
- Este evento pasou.
Xestión de proxectos con Microsoft Teams
Maio 22 @ 9:30 AM - Maio 26 @ 12:30 PM
€295Coñece todas as posibilidades que fan de Teams a ferramenta definitiva para a xestión colaborativa de proxectos
Aumenta a produtividade, aumenta o foco e simplifica a colaboración con outras ferramentas de Microsoft 365
Microsoft Teams é unha ferramenta colaborativa multifuncional que facilita o traballo en equipo e a colaboración, o que lle permite xestionar o traballo e a comunicación dos proxectos de forma eficiente, áxil e centralizada.
Manter os proxectos a tempo e asegurarse de que todos os implicados teñan a información máis recente pode ser difícil cando os equipos traballan en diferentes lugares e os proxectos avanzan rapidamente. Microsoft Teams permite crear equipos de traballo e organizar e manter conversas, chats e reunións virtuais en tempo real. Ademais, ofrece un xeito sinxelo de facer que os documentos sexan facilmente accesibles, e de analizar e compartir información e traballar simultaneamente.
Modalidade: Videoconferencia en tempo real
Duración: 9 horas
Datas: 22, 24 e 26 de maio de 2023
Horario: De 09:30 a 12:30 h.
Data límite de inscrición: 16/05/2023