Workshop “O final dun produto, a orixe dun material”. Ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Workshop “O final dun produto, a orixe dun material”. Ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”

01/12/2022 @ 10:00 AM - 2:00 PM

Materioteca de Galicia pecha o seu ciclo de catro workshops en formato híbrido destinados a explorar as oportunidades de innovación que representan os novos materiais en relación con procesos que aumentan a vida útil dos produtos e reducen o impacto ambiental a través da recuperación, a reutilización, a reciclaxe e o ecodeseño.

O ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”, organizado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, remata o 1 de decembro no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) coa presentación de materiais obtidos a partir de produtos que chegan á fin da súa vida útil.

Este workshop permitirá coñecer experiencias de revalorización de produtos desbotados e tecnoloxías que permiten a transformación destes en materiais sostibles.

Durante a primeira parte da xornada, que será retransmitida online, representantes das empresas INS3RTEGA e EcoMagnet e do centro tecnolóxico Aitiip expoñerán as súas propostas de reciclado de textís e pó de imáns e un proxecto de transformación de resinas procedentes da aviación, do transporte e da construción, respectivamente.

A continuación, terá lugar un taller práctico de carácter presencial a cargo de Materially no que tamén será presentado un estudo estratéxico sobre materiais que supoñen darlle unha segunda vida a produtos desbotados e as tecnoloxías que o fan posible.

Este evento é de especial interese para profesionais do deseño e da enxeñaría e prescritores tecnolóxicos.

Detalles

Data:
01/12/2022
Hora:
10:00 AM - 2:00 PM
Categoría do Evento:
Páxina web:
http://gain.xunta.gal/eventos/524/workshop+

Recinto

CIS Tecnoloxía e Deseño
A Cabana, s/n
Ferrol, 15590 España
+ Google Map
Ver a Páxina Web do Recinto