WordPress 6.1 e o futuro da edición do sitio web

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

WordPress 6.1 e o futuro da edición do sitio web

Novembro 18 @ 7:30 PM - 8:30 PM

Crear e manter un sitio online é cada vez máis sinxelo grazas a ferramentas como WordPress, que xa xestiona máis do 40% das páxinas web.

WordPress 6.1, a última versión dispoñíbel do produto, continúa o desenvolvemento de funcionalidades de edición do sitio. O obxectivo é que os usuarios poidan crear e modificar por completo o seu sitio dun xeito visual, usando bloques. Que significa isto na práctica? Cales son os últimos avances?

Nesta charla imos presentar as funcionalidades máis relevantes ao respecto, desde dous puntos de vista: o de un usuario que se acerca por primeira vez a WordPress e o de un tema que desexa sacarlle o máximo partido a estas características.

Falaremos de como usar os padróns de bloques, que son as variacións de estilos e que teñen a ver cos sistemas de deseño, tipografías fluídas e deseño adaptativo, e moito máis!

**Breve biografía:**

Os organizadores da meetup, Carlos Longarela e André Maneiro, levan anos participando na comunidade WordPress — quer como voluntarios, quer como profesionais — en áreas como a organización de meetups, tradución e desenvolvemento do produto, soporte e implantación.

Detalles

Data:
Novembro 18
Hora:
7:30 PM - 8:30 PM
Páxina web:
https://www.meetup.com/wordpresslugo/events/289333090

Protagonista

Carlos Longarela

Recinto

O Vello Cárcere
Praza da Constitución, s/n
Lugo, 27002 es
+ Google Map