
- Este evento pasou.
Webinar -Protección de datos: conceptos básicos e aplicación práctica
27/04/2022 @ 4:00 PM - 5:00 PM
FreeA actividade formativa componse de dúas sesións: unha sesión inicial orientada ao coñecemento, e outra sesión final destinada á posta en práctica do coñecemento adquirido.
As sesións están enfocadas para que os asistentes poidan coñecer e entender as principais obrigas legais que impón a normativa de protección de datos, poidan contar con pautas sinxelas que axuden ao cumprimento normativo, analizar casos reais e explicar como se poderían evitar condutas ilícitas, e emitir consellos prácticos a aplicar no exercicio diario das funcións profesionais, que permitan manter a privacidade dos datos aos que se ten acceso.
1ª sesión: 27 de abril
Inicio da sesión – 16:00h
Desenvolvemento da sesión (1h) – Sesión orientada a coñecer as principais obrigas que impoñen as normativas de protección de datos.
Fin da sesión – 17:00h
2ª sesión: 3 de maio
Inicio da sesión – 16:00h
Desenvolvemento da sesión (1h) – Sesión práctica na que se trasladarán unha serie de boas prácticas que permitirán instaurar unha óptima de cumprimento normativo en materia de protección de datos nas organizacións. Así mesmo, resolveranse casos prácticos mediante os cales se dará resposta a algunhas preguntas frecuentes. Entre outras: como protexer os datos dos clientes, como reaccionar e actuar se se produce unha brecha de seguridade, como usar ferramentas últiles tales como Facilita RGPD e Comunica-Brecha, da AEPD.
Fin da sesión – 17:00h