Webinar informativo programas InnovaPeme e DeseñaPeme

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Webinar informativo programas InnovaPeme e DeseñaPeme

Maio 10 @ 12:30 PM - 2:00 PM

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organizan conxuntamente este webinario informativo sobre os programas InnovaPeme e DeseñaPeme.

O obxectivo desta xornada é presentar as principais novidades de ambos programas e dar a coñocer os requisitos e características dos mesmos, resolver as dúbidas sobre as convocatorias.

Estes programas van dirixidos a pemes (micro, pequena e mediana empresa con centro de traballo en Galicia), para aumentar a súa capacidade innovadora, a través de implantación de plans de innovación e a posta en marcha de proxectos de deseño.

Programa Innova Peme: destinado ao financiamento do custo das actividades integradas en plans de innovación, que lles permitan sistematizar os procesos de innovación da empresa.

Programa Deseña Peme: destinado á mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade nas empresas galegas mediante a incorporación do deseño estratéxico de produtos, servizos, experiencias e marcas-identidade corporativa.

Detalles

Data:
Maio 10
Hora:
12:30 PM - 2:00 PM
Categoría do Evento:
Páxina web:
http://gain.xunta.gal/eventos/486/webinar+informativo+programas+innovapeme+desenapeme

Protagonista

GAIN
Páxina web:
gain.xunta.es

Recinto

Online event