
- Este evento pasou.
Como utilizar ben o email márketing, e estratexias para captación de mails
Xaneiro 26 @ 10:00 AM - 11:00 AM
Descrición
Xornada Tecnolóxica En liña gratuíta para pemes, autónomos e emprendedores, onde se analizará unha das ferramentas máis utilizadas para as comunicacións comerciais: o email márketing, e onde se abordarán as principais técnicas ou accións a seguir, para utilizalo correctamente, e alcanzar bos resultados.
Orde do día / Axenda
Hora
10:00 Comezo da sesión: Presentación Programa Oficina Acelera Peme
10:05 E-mail Marketing
• Estratexias de captación de datos para conseguir unha base de datos eficiente
• O email márketing, como ferramenta de negocio
• Que contido incluír nunha newsletter
• Estratexias para mellorar a taxa de apertura e clics nunha newsletter
• Como interpretar as estatísticas para mellorar a eficacia de próximos envíos
11:00 Quenda de preguntas. Peche da sesión