TransformaTech Sessions – Big Data e Intelixencia Artificial

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

TransformaTech Sessions – Big Data e Intelixencia Artificial

Xuño 2 @ 8:00 AM - 5:00 PM

O programa de Webinars TransformaTech Sessions comprende unha serie de breves encontros virtuais sobre tecnoloxías disruptivas para a sociedade dixital, impartidos polos/as profesionais das empresas colaboradoras e dirixidos a diversos públicos en función do tema de cada relatorio.

modalidade Profesional do programa está orientada a profesionais, titulados e estudantes universitarios do ámbito STEAM ou a grupos mixtos de perfís tecnolóxicos e non tecnolóxicos interesados en ampliar os seus coñecementos nas materias impartidas.

Baixo a modalidade Talento Xove, as sesións desenvólvense con contidos adaptados a rapaces a rapazas de 12 a 16 anos e a centros educativos de bacharelato e Formación Profesional, achegando as novas tendencias tecnolóxicas aos máis novos e novas.

Con este ciclo de webinars afóndase  en temáticas de gran relevancia na sociedade como o Big Data, o 5G/6G, a ciberseguridade, os servizos na nube e as tecnoloxías Cloud, a Intelixencia Artificial, o Internet das Cousas (IoT), as tecnoloxías Smart City ou a robótica avanzada.

Esta actividade enmárcase no catálogo de actuacións do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia (DigiTalent), impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e conta coa colaboración das entidades do Pacto Dixital de Galicia e os Colexios Profesionais do ámbito tecnolóxico galego.

Detalles

Data:
Xuño 2
Hora:
8:00 AM - 5:00 PM
Categoría do Evento:
Páxina web:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdehjEQl6yHir4jKZbk8O8ZAaJ0PwCUPKHHSFGnOofpT3qD-g/viewform

Protagonista

Gaiastech
Teléfono:
+34 881 995200
Correo electrónico:
gaiastech@xunta.gal
Páxina web:
https://gaiastech.xunta.gal/es

Recinto

Online event