Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i

Maio 3

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i». Esta actividade enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, nas actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional do persoal investigador dos centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D+i en aspectos relacionados coa comercialización de resultados da I+D.

Este curso, de carácter gratuíto, está dirixido a persoal investigador posdoutoral, a persoal investigador contratado con cargo a proxectos de universidades e organismos públicos de investigación, así como a persoas investigadoras e tecnólogas dos centros tecnolóxicos. O seu obxectivo é a aproximación aos actores do Sistema Galego de Innovación, a introdución nas bases da transferencia de coñecemento e a comercialización de resultados da I+D, ademais de contribuír ao desenvolvemento das seguintes capacidades: comprensión do valor da innovación e da investigación traslacional académica, as habilidades para presentar a investigación e conectar coa industria, e as estratexias para mellorar a produtividade da innovación nun entorno académico.

O programa de contidos iníciase cun seminario inaugural sobre o Sistema Galego de Innovación; a continuación desenvólvense tres módulos formativos –“Fundamentos sobre a transferencia de coñecemento”, “Comunicación e presentación da investigación” e “Ecosistema de innovación, impacto e colaboración”– e un seminario de clausura sobre a definición de estratexias para persoal investigador. Cunha duración total de 37 horas, o curso combina sesións presenciais e online.

Pode consultar toda a información do programa premendo aquí. Para inscribirse, cubra o formulario na seguinte ligazón. O prazo de inscrición remata o día 3 de maio ás 13.00 h.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 012.

Recinto

GAIN
Rúa Airas Nunes, s/n. Conxo.
Santiago de Compostela, A Coruña 15702 España
+ Google Map
Ver a Páxina Web do Recinto